Fernando Currás Gallego, nado en Ourense o 19 de febreiro de 1977, é un exfutbolista e adestrador galego.
Traxectoria como xogador Currás comezou a súa formación nas categorías xuvenís do Club Deportivo Ourense. En 1994 incorporouse ao CD Ourense B. Estreouse co primeiro equipo o 21 de decembro de 1996, nun partido de Segunda División contra o Eibar que supuxo tamén o seu debut profesional.
No verán de 1999 foi fichado polo Getafe, tamén na segunda categoría. Posteriormente pasou por outros equipos de Segunda División B como o Gandía, o Alcorcón e o Real Jaén. Entre 2003 e 2007 xogou novamente co Ourense. Finalmente, asinou pola Unión Deportiva Melilla até a súa retirada como xogador profesional en 2010.
Traxectoria como adestrador e directivo O 9 de febreiro de 2011, Currás foi contratado como asistente de Andrés García Tébar no Melilla, o último equipo onde foi xogador profesional. O 11 de maio de 2014 foi nomeado adestrador principal do club en substitución de Juan Moya. Permaneceu no club até a súa destitución en xaneiro de 2016.
En maio de 2017, Fernando Currás asinou contrato como novo adestrador da Unión Deportiva Ourense. Na súa primeira tempada logrou o ascenso á Terceira División, o cuarto consecutivo do equipo ourensano. No verán de 2021, Currás anunciou a súa intención de renunciar ao seu cargo de adestrador para centrarse no plano directivo da UD Ourense. Foi elixido presidente da entidade en setembro dese mesmo ano. En xullo de 2025, Javier Orbán relevouno na presidencia e Currás asumiu a dirección deportiva do club.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fernando Currás Perfil de xogador en BDFutbol Fernando Currás Perfil de adestrador en BDFutbol Fernando Currás Perfil en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Futbolistas de Ourense Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Ourense B Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do CF Gandía Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores da UD Melilla Categoría:Adestradores da UD Ourense