Beatriz da Serra foi unha escritora galega de epístolas do século XVII.

Traxectoria miniatura|Carta a Diego Sarmiento de Acuña (Baiona, 1603) Non se coñecen moitos datos da súa biografía. No corpus Gondomar do Instituto da Lingua Galega constan dúas cartas da súa autoría, unha de 1603 e outra de 1605, destinadas a Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar. Estas están datadas en Baiona. Socialmente, pertencía ao común da poboación. Adóitase considerar que ela ditou as cartas.

Recoñecementos Os equipos de Dinamización Lingüística dos institutos do Val de Miñor organizan un certame de poesía co seu nome.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Diego Sarmiento de Acuña

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Séculos Escuros