Ramón Vázquez Garea, nado na Cheda (Cardeiro, Boimorto) e finado no Amenal (O Pino) o 17 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Foi concelleiro de Boimorto na Segunda República. De filiación socialista. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934, foi destituído a finais de outubro xunto co alcalde Pedro López Bodelo e os concelliros José Cabanas Vázquez e José Tojo García.El Compostelano, 30-10-1934, p. 2. Despois do triunfo da Fronte Popular nas eleccións xerais de febreiro de 1936 foi reposto como concelleiro.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos nove integrantes da corporación municipal detidos por partidas falanxistas, presumiblemente sinalados polo párroco de Boimil e Andavao, Emilio López Freire, en desacordo coas políticas da República contrarias á Igrexa. Foron enviados a Sobrado (Sobrado dos Monxes), onde quedaron recluídos no cárcere durante dous días sen comer nin beber e onde os torturaron. Posiblemente leváronos a madrugada do 20 de agosto de 1936 a Santiago de Compostela, onde non había sitio para máis presos, e dixéronlles que marchasen de volta ou que fixeran con eles o que estimasen oportuno. Decidiron separalos en dous grupos, levándoos a lugares diferentes.

Ramón Vázquez foi conducido ó Amenal (O Pino), xunto con Isidro Filloy López, Andrés Mera Filloy, José Cabanas Vázquez, Ramón Sánchez Rapela e Caitán García Vázquez, onde foron paseados na Agra da vila, logrando salvarse José Cabanas ó caer debruzado cando efectuaron os disparos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Homiños de Boimorto

Categoría:Concelleiros de Boimorto Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Boimorto Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1937