miniatura|300px|Crese que tocar un sapo pode producir un mal do aire Co nome de mal do aire (ou mal de aire) denomínanse na medicina popular galega un amplo conxunto de enfermidades que se cren provocadas por algo, un alento, que emana de certas persoas (aire de doncela, aire de excomungado, aire de morto) diferentes animais (aire de araña, aire de gata, aire de sapo) e mesmo de determinados obxectos (aire de artesa, aire de encrucillada).

Non existe ningunha sintomatoloxía característica, evidentemente, pero se pode falar de tres síndromes básicas. En primeiro lugar, un cadro de debilidade xeral, perda do apetito, vómitos, enfraquecemento e atraso no crecemento (no caso dos meniños, nos que os aires parecen ser máis frecuentes); en segundo lugar, alteracións cutáneas, do tipo de eccemas, dermatites, psoríase ou herpes, como erupcións, escamaduras ou avermellamento. E en terceiro lugar, alteracións do comportamento, insomnio, trastornos mentais, depresión, etc. Tal variedade de síntomas pode explicar que, ante calquera mal non identificado, se buscase a explicación en que deulle un aire, colleulle un airiño, etc.Constantino García González (1985): Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27, s. v. aire.

Pode observarse, nos síntomas, nos rituais curativos e mesmo nalgunhas denominacións, unha certa confusión co mal de ollo, do que cómpre ter presente unha diferenza esencial: o mal de ollo é voluntario (aínda que pode non selo en certos casos) e provocado por unha mirada, unha ollada, dunha meiga. En calquera caso, na longa lista de aires que se poden dar figura un aire de má vista.

Denominacións As denominacións populares que recibe o mal do aire son múltiples, o que explica a confusión. Un primeiro grupo comprende denominacións xenéricas, como airada, aireada, airexada, arangaño, enganido ou tangaraño, mal da Estadea,Porque unha das posibles causas se atribúe á Estadea, ou Santa Compaña. sombra, mal da sombra, asombramento, etc.

Nun segundo grupo, moito máis amplo, englóbanse aquelas denominacións que aluden á suposta orixe do mal: miniatura|300px|Ofelia morta (John Everett Millais, c. 1851) Aires causados por animais: aire de araña, aire de alacrán,Cómpre advertir que, en Galicia, co nome de alacrán tamén se designan outros animais, como o grilo ceboleiro ou as orugas de gran tamaño, como as que medran na rama da pataca ou nas vides (Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928. s. v. alacrán). aire de cobra, aire de gato ou de gata, aire de miñoca, aire de píntega, aire de sapo, aire de toupa, aire de vaca, etc. Aires causados por persoas: aire de doncela, aire de muller, aire de muller menstruante, aire de muller preñada, aire de excomungado, aire de morto (que disque é o máis perigoso de todos"Todos os aires son temidos, pero o máis mirado é o aire de morto" (Cuba e outros, s. v. aire)., aire de envexa. Aires causados por determinados obxectos: aire de porta, de fiestra, de corredor, aire de vasoira. Aires causados por determinados lugares: aire de camposanto, aire de sartego, aire de encrucillada.

Pero tamén existe a crenza en determinados aires e ventos, como o aire coado, o aire ruín, etc. Non se trata de que estes ventos sexan especialmente fortes nin fríos, senón por algunha característica negativa que traen. Claro que tamén se pensa que existen aires positivos, beneficiosos: xa os gregos pensaban que as eguas máis veloces o eran porque as nais foran preñadas do vento,O deus do vento do norte, Bóreas, é quen de empreñar as eguas que pacen ceibas no monte, que volven a grupa en dirección ó vento para quedaren preñadas, sen necesidade de semental (Robert Graves: Los mitos griegos, Gredos, px. 35, citando unha lenda que xa recollera Plinio na súa Historia natural). Pero moito antes, Homero xa recollera o mito na súa Ilíada (canto XX, 23): Erictonio, rei de Dardania, a futura Troia, tiña unha grea de tres mil eguas que pastaban libremente; Bóreas namorouse delas e, transformado en cabalo, cubriunas, de modo que pariron doce poldros tan rápidos que podían galopar sobre as ondas do mar, sobre a escuma das ondas. e a mesma crenza corre hoxe na Capelada.Cuba e outros, s. v. aire (px. 27).

E, finalmente, están os aires presuntamente provocados polos astros, como o aire de sol e o aire de lúa. Mesmo se fala dun aire de terra pero posiblemente se trate dunha mestura ou confusión co aire da toupeira.

Tratamentos tradicionais contra os aires Existen numerosos amuletos para protexer, ou protexer ós cativos, dos diferentes aires, como allos, cruces, cornos de vacaloura, figas, etc., así como prácticas preventivas que cómpre seguir tras situacións de posible perigo. Así, as mulleres embarazadas non deberán asistir a ningún velorio nin acompañar o cadaleito durante o enterro, para evitar o aire de defunto, ou debe evitarse que queden meniños durmidos na casa onde se estea velando o defunto.

Pero aínda así, a posibilidade de contraer un aire é real e pode producirse en calquera momento. Para superar a doenza provocada polo aire cómpre, primeiro, identificar a orixe, algo que ha de facer un curandeiro, sanador, sabio ou sabia.

Lávase ó enfermo con auga de sete fontes ou dunha mesma fonte que nunca secara, ou con auga que pasara por sete muíños.Nótese ó recurso ó número sete que, xunto ó nove, gozan dun poder especial. A auga resultante do lavado fíltrase cun pano de lamaniscoTecido parecido ó damasco, empregado para a confección de manteis, panos de mesa, etc. e nel quedarán retidos os pelos ou plumas do animal causante do aire, ou aparecerán manchas de sangue se a orixe foi unha muller menstruante. Neste procedemento diagnóstico cómpre destacar o aspecto purificador do lavado en si (a auga sempre foi un elemento purificador e a sucidade unha manifestación do mal, do pecado) como a separación que se produce entre o ben (a auga que escoa) e o mal (os pelos, sangue, etc) que quedan retidos no lamanisco. Tras o ritual, cómpre desfacerse da auga de lavado botándoa nunha encrucillada.

Tamén se pode diagnosticar o mal do aire ou mal da pezoña mediante o uso da auga de alicorno. Co nome de alicorno coñécese un talismán feito cun cairo de xabaril, un anaco de corno de cervo ou de corzo, unha mandíbula de vacaloura ou cun corno de unicornio.Cuba e outros, s. v. tallador. Hai que meter o alicorno nun cacharro con auga e observar como son as burbullas que se forman, sinal inequívoca de que o mal se debe á pezoña dalgún animal inmundo: se son burbullas grandes, é que se trata de pezoña de sapo; se son burbullas pequenas, é aire de píntega.Quintía Celaya (2024), s. v. auga de alicorno.

E un terceiro método de diagnose consistiría en colocar unha estola ó enfermo e un rosario ou unha cruz de Caravaca no ventre, e recitar determinados conxuros que inclúan o nome do posible obxecto causante (encrucillada, fiestra, porta, sartego). O enfermo abrirá a boca ou chorará se é un meniño, cando escoite a palabra correspondente ó seu mal.

Unha vez coñecida a causa, o sanador recorrerá a ensalmos, rituais, oracións e diferentes substancias ou recursos simbólicos (tesoiras; rituais repetidos tres, sete ou nove veces, ou durante nove días; concurso de tres Marías; loureiro ventureiro, non plantado por man humana; auga dunha fonte que nunca estiñara; trazar cruces ou círculos sobre a zona enferma, etc.) para expulsar o aire do enfermo.

Existen diferenzas entre as fórmulas utilizadas para expulsar un ou outro aire, pero tamén se observan similitudes e mesturas, tanto de tratamentos contra aires diferentes como contra outras doenzas de diferente orixe, alleas ó mal do aire (como as crebaduras). Entre estas similitudes nas fórmulas curativas pódese destacar a invocación a Deus, á Virxe e a algúns santos, pedíndolles a mediación na curación do enfermo, para rematar o ensalmo rezando un Nosopai e un Avemaría. Tamén se observan similitudes nas fórmulas empregadas para expulsar o mal (sexa aire ou sexa outra doenza), e así o curandeiro conxura o mal para que seque, para que non creza nin aviveza, corta, tolle, destérrao pró mar coallado ou expúlsao alí onde non oias galo cantar nin pita cacarexar (é dicir, un lugar deshabitado).

Pero non sempre se consegue coñecer a persoa ou animal que botara o aire polo que era imposible unha actuación dirixida concretamente contra el. O que facía o curandeiro nestes casos era tirar por elevación, e agrupar nun mesmo ensalmo diferentes posibilidades: Vis Quibén, 58-59.

Aire de can, aire de raposo, aire de boi, aire de vaca, aire de aciática, aire malino, de todos os males. Aquí te corto y te recorto con este ferro aceirado. Bendecín a pezoña co pezoñón,/ da culebra e do culebrón,/ do lagarto e do lagartón,/ da pinta e do pintón,/ da rata e do ratón,/ do sapo e do sapón,/ da toupa e do toupón,/ da araña e do arañón/ e do bicho de toda a nación. Se es de araña, vaite áparaña,/ se es de sapo, vaite arrastro,/ se es de cobra, vaite á groba,/ se es de salamántiga, vaite á barranca./ Polopoder de Deus e da Virx María.

Contra os aires causados polos astros fanse cruces sobre o enfermo durante nove días e, o último día, lávase a zona enferma con viño, loureiro, romeu e follas de toxo virxe (é dicir, en flor).

Entre os produtos que utilizan os menciñeiros para tallar o mal do aire pódese destacar o allo. O dente de allo reúne dúas calidades nas que se basea a súa eficacia: a forma, que lembra a dun dente de animal, é dicir, un obxecto de defensa; e o cheiro desagradable, outra arma defensiva. Por isto, fanse cruces co dente de allo sobre a zona enferma; ou parten un dente de allo á metade, cóbrena de sal e fan cruces sobre a fronte do enfermo; ou queiman tres dentes de allo (mesturadas con incenso, auga bendita e aceite do Santísimo) e poñen a cinsa sobre a zona irritada.Mariño Ferro (1985), 257; rituais recollidos en Redondela, Ponteareas e Castro Caldelas.

Aires provocados por persoas O mal do aire pode estar causado por persoas que emitan ese bafo maligno, sexan persoas vivas, moribundas ou mortas. Por algunha estraña razón, as mulleres parecen ter un especial protagonismo á hora de ser as causantes de diferentes aires: Aire de muller Aire de muller menstruando Neste caso tamén recibe o nome de Abantuxo. Aire de doncela Aire de muller non virxe Aire de desvirgada Aire de mala muller

Tamén existen aires provocados por homes, como o aire de pai despois de xacer coa nai, no que se advirte tamén a suposta impureza da nai ou do propio coito. Finalmente, tamén se rexistrou o aire de excomungado e o aire de envexa, nos que a causa podería ser persoas de calquera dos dous sexos.

O médico Víctor Lis Quibén, de quen tomamos as denominacións anteriores, recolleu numerosos exemplos de diferentes tipos de aires e os tratamentos tradicionais para a súa curaciónLa medicina popular en Galicia, pp. 45-87., pero non describe a sintomatoloxía que permitan diferencialos.

No caso do aire de muller, sen cualificativos, o curandeiro toma o meniño e, inclinado cara adiante coas pernas abertas, pásao ó redor de cada perna, facendo un oito, durante nove veces; non consta o uso de ensalmo ningún.Lis Quibén, 61; recollido en Beariz (Ourense).. Se se tratara de aire de doncela, a nai leva ó meniño onda un cruceiro, antes do amencer, átalle as pernas cunha corda e senta nos banzos do cruceiro á espera do primeiro que pase, mantendo absoluto silencio; cando apareza unha persoa se lle pide que corte a corda (desencabréstame esta criatura) e o meniño queda curado.Lis Quibén, 62; recollido en varios lugares da Coruña.