Wallace e Gromit: Un asunto de pan ou morte (en ) é unha curtametraxe animada británica producido por Aardman Animations. Foi dirixido por Nick Park e escrito por Park e Bob Baker, e é o quinto título da serie de Wallace e Gromit, e a primeira curtametraxe dende A Close Shave (1995). Foi o derradeiro filme de Wallace e Gromit antes do retiro do actor de voz de Wallace, Peter Sallis, en 2010. No filme, Wallace e Gromit abriron unha nova panadaría e o negocio está en auxe, sobre todo porque un asasino en serie está a asasinar a todos os demais panadeiros da cidade. Wallace namórase de Piella Bakewell, pero Gromit descobre que ela agocha un escuro segredo e debe salvar o seu amo coa axuda do can mascota de Piella, Fluffles.

Estreouse en galego en liña o 5 de xaneiro de 2026 na plataforma do Xabarín Club.

Personaxes Peter Sallis como Wallace Sally Lindsay como Piella Bakewell Melissa Collier como os efectos vocais de Fluffles Sarah Laborde como cantante de Bake-O-Lite Geraldine McEwan como Miss Thripp Ben Whitehead como Baker Bob

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos Nick Park Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Xabarín Club Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego