Rondallas é unha película española de comedia dramática de 2025, escrita e dirixida por Daniel Sánchez Arévalo. Está protagonizada por Javier Gutiérrez, María Vázquez, Judith Fernández, Tamar Novas, Carlos Blanco, Fer Fraga, Xosé A. Touriñán e Marta Larralde. Estreouse fóra de competición no Festival Internacional de Cine de San Sebastián o 22 de setembro de 2025, e estreouse en cines españois o 1 de xaneiro de 2026 nunhas 150 pantallas, con distribución de Beta Fiction Spain.
Trama Dous anos despois do naufraxio dun pesqueiro onde morreron sete tripulantes (inspirado no suceso do Villa de Pitanxo), os habitantes dun pequeno pobo pesqueiro da costa de Galicia tentan resucitar a súa rondalla e seguir coas tradicións, pero para iso necesitan recuperar a ilusión.
O reencontro entre unha filla e o seu pai non se produce a través das palabras, senón a través da música, a rondalla local, un símbolo cultural da comunidade, que está a piques de desaparecer. A súa reconstrución convértese na ponte emocional entre eles.
Escenarios A Guarda foi o escenario pricipal da filmación e tamén Baiona, Oia, Tui e Vigo. Tivo para iso unha subvención de 300.000 euros do fondo da Xunta de Galicia cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, para atraer rodaxes a Galicia.
Elenco
Javier Gutiérrez, Luís María Vázquez, Carmen Judith Fernández, Andrea Tamar Novas, Xoel Carlos Blanco, Yayo Fer Fraga, Elías Xosé A. Touriñán, Xavi Marta Larralde, Tere Lola López Rodríguez, Noa Marcos Pereiro, Antón Irene de Anta, Irene Andrea Reiriz, Esther David Perdomo, Alex Abelo Valis, Pablo Paco García Cobas, Paco Rosa Quintas, Paquei Daniel Burgos Paz, Antonio Miquel Insua, avogado
Produción A finais de setembro de 2023, anunciouse que Daniel Sánchez Arévalo comezara o desenvolvemento da longametraxe Rondallas, o cal estaría producido por Ramón Campos a través das súas produtoras Bambú Producións e Mr. Fields and Friends. O proxecto naceu cando Campos mostrou a Sánchez Arévalo un vídeo onde aparecía unha rondalla, Santa Eulalia de Mos, versionando «Thunderstruck» de AC/DC, o cal deixou a Sánchez Arévalo fascinado, e ofreceulle facer unha película sobre unha rondalla parecida. En setembro de 2024, a rodaxe da película comezou na provincia de Pontevedra, con Javier Gutiérrez, María Vázquez, Tamar Novas, Carlos Blanco, Judith Fernández, Fer Fraga, Xosé A. Touriñán e Marta Larralde como protagonistas. O 19 de outubro de 2024, anunciouse que a rodaxe da película concluíra en Vigo.
O orzamento de Rondallas é de algo máis de cinco millóns de euros, incluíndo 1.2 millóns procedentes do ICAA, 300.000 euros procedentes da Xunta de Galicia, e 650.000 procedentes de RTVE.
Participaron: Bambú Producciones, Mr. Fields and Friends, Studiocanal, Movistar Plus+, RTVE, AGADIC, ICAA, Televisión de Galicia (TVG), Xunta de Galicia. Distribuidora: Beta Fiction Spain.
Lanzamento e mercadotecnia En xuño de 2025, Beta Fiction Spain programou a estrea en cines españois de Rondallas para o 1 de xaneiro de 2026, e días máis tarde, sacaron o primeiro tráiler. En xullo de 2025, anunciouse que a película tería a súa estrea mundial fose de concurso no Festival Internacional de Cine de San Sebastián, cuxa proxección tivo lugar o 22 de setembro de 2025. En novembro de 2025, Beta Fiction Spain lanzou o tráiler da película.
Notas
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Daniel Sánchez Arévalo Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes ambientados en Galicia