A Obra Sindical del Hogar (OSH) foi un organismo existente durante a ditadura franquista. Nun principio denominouse Obra Sindical del Hogar y Arquitectura e posteriormente cambiou a Obra Nacional del Hogar. Actuaba en colaboración co Instituto Nacional de la Vivenda.

Historia miniatura|Inauguración dos Bloques Ramiro Ledesma (hoxe Grupo Mariola) da Obra Sindical do Fogar, no barrio de La Mariola (Lleida) Foi fundada o 10 de decembro de 1936 pola Secretaría Xeral do Movimiento. O seu obxectivo era tentar solucionar o problema da vivenda mediante a construción, administración, protección e conservación de vivendas de construción pública que logo se vendían a baixo prezo. Formou parte da Organización Sindical Española. Adscrito á Delegación Nacional de Sindicatos, cando a OSH foi creada dependía do Ministerio da Gobernación. En 1957, coa creación do Ministerio de Vivenda, pasou a depender deste.

Segundo datos da propia OSH, entre 1939 e 1960 construíu unhas 138 686 vivendas. Tivo un papel destacado na construción de barrios de vivenda social enfocados a dar vivenda ás clases máis desfavorecidas e á erradicación dos barrios de chabolas de cidades como Madrid, Barcelona ou L'Hospitalet de Llobregat. Outros barrios edificados baixo a tutela da OSH foron San Roque (Badalona), Contrueces (Xixón), Yagüe (Logroño), Dos Hermanas (Málaga) ou As Flores (A Coruña). En Galiza a OSH tamén construíu vivendas, entre outras, en Pontevedra, Ourense, Ferrol, Vigo e A Guarda.

Unha das últimas intervencións da OSH foi o Grupo Antonio Rueda en Valencia. Trátase dun polígono de renda limitada de vivendas, obra dos arquitectos Vicente Valls Abad, Joaquín García Sanz e Luis Mares Feliu. Proxectado en 1965, foi construído entre 1969 e 1970, cun total de 1002 vivendas.

Estrutura A nivel nacional tiña dous departamentos. O departamento técnico, Servicios Técnicos de Falange, encargábase de realizar instrucións técnicas e interpretar as ordenanzas do INV. Deste departamento dependían as oficinas provinciais, que debían desenvolver os anteproxectos e proxectos, así como encargarse das direccións facultativas. As oficinas provinciais tamén se encargaban de recoller as solicitudes de vivenda dos sindicatos locais. A filosofía da OSH tendeu a fomentar a iniciativa privada, funcionando máis como promotora que como construtora. Facilitou axudas económicas e técnicas ás cooperativas de vivenda afíns ao réxime, coordinadas pola Delegación Nacional de Sindicatos. O seu primeiro director foi Germán Álvarez de Sotomayor.

O segundo departamento tiña a función de realizar informes, co obxectivo de cumprir as normas ditadas polo departamento técnico.

Notas

Bibliografía

Categoría:Franquismo Categoría:Historia de España do século XX