Alfredo Salzman Menéndez, nado en Monforte de Lemos o 17 de febreiro de 1893 e finado en México, foi un ferroviario e político galego.

Traxectoria

Perito industrial dende 1912. Traballou na Compañía Ferroviaria Ferrocarriles del Norte de España durante 29 anos e foi xefe de maquinistas en Barcelona. Membro do Sindicato Nacional Ferroviario da UGT de Barcelona, estivo detido tres días e foi represaliado na empresa pola folga ferroviaria de 1916. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Tracción da Rede Nacional de Ferrocarrís, foi asesor do Departamento de Tracción do Comité Rexional de Ferrocarrís en Barcelona e xefe de Reserva de Puigcerdà. Coa caída de Cataluña exiliouse en Francia cruzando a fronteira desde Puigcerdá o 8 de febreiro de 1939. Estivo internado nos campos de concentración de Latour de Carol e Barcarès e Septfonds e permaneceu na Maison des Cheminots na Estación de Matabiau en Tolosa desde a que solicitou axuda á Embaixada de México en Francia. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Instalouse en Cidade de México e traballou nos Talleres Vulcano S.A. Vida persoal

Casou con Teresa Burgueño Escudero.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos" Johann Salzmam y Thomas Smith, maquinistas en Monforte a finales del siglo XIX

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en ano descoñecido