Iago Gordillo, nado en Carral o 18 de agosto de 1986, é un comunicador, músico e divulgador de videoxogos galego. É o creador e director do proxecto audiovisual Recuncho Gamer.

Traxectoria Formouse como saxofonista no Conservatorio da Coruña. No ano 2013 iniciou o proxecto musical de pop alternativo Diariodeverano, co que publicou o EP El extraordinario hombre estacionario (2015), o álbum dixital O.L.A. (2016) e o LP Largo verano de sol azul (2019). Con este proxecto gañou o certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia.

En outubro de 2020 fundou o Recuncho Gamer, un proxecto audiovisual multiplataforma dirixido a tratar o videoxogo como un produto cultural desde unha perspectiva galega e desenfadada. O proxecto expandiuse até incluír unha rede de podcasts, programas de televisión como Xogando en galego e mesmo un videoxogo propio, Portalén.

En 2025 impulsou Xogalego, o primeiro catálogo de videoxogos localizados ao galego, e exerceu como comisario de Píxel á Feira, o salón galego do videoxogo.

Recoñecementos AnoCertameProxectoCategoría 2015 Xuventude Galicia Crea Diariodeverano Música, 1º premio 2021 Youtubeiras+ Recuncho Gamer Mellor canle pioneira 2024 Youtubeiras+ Recuncho Gamer Youtubeira 2024 Premios Mil Primaveras Recuncho Gamer Comunicación e Normalización

Notas

Véxase tamén Outros artigos Recuncho Gamer

Ligazóns externas Recuncho Gamer Píxel á Feira Xogalego

Categoría:Nados en Carral Categoría:Nados en 1986 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes