Antonio Sánchez Ferrol, nado na Pobra do Caramiñal en 1910 e finado o 7 de febreiro de 1978, foi un mariñeiro e militar galego. Traxectoria

O seu pai, fillo de emigrantes palentinos que nacera en Barakaldo, non se adaptaba na Pobra de Caramiñal e volveu ao País Vasco coa familia. Instaláronse en Plentzia (Biscaia). Antonio empezou a trabajar como fogueiro con 15 anos. Foi un dos tripulantes dos bacaladeiros da PYSBE (Pesquerías y Secaderos de Bacalao de España). Pertenceu á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse nunha columna miliciana. Perdida Guipúscoa para a República enrolouse na Mariña Auxiliar de Euzkadi. Participou na batalla de Matxitxako (5 de marzo de 1937). Desde Francia pasou a Cataluña. Presumiblemente foi un dos mariños que a primeiros de 1938 compareceron na sede que o Goberno de Euzkadi tiña en Barcelona. Alistouse en Cataluña no Corpo de Carabineiros do Mar.Boletín Oficial del Instituto de Carabineros, 24-8-1938, p. 877.Boletín Oficial del Instituto de Carabineros, 24-9-1938, p. 1007. Coa caída de Cataluña exiliouse en Francia. Estivo internado no campo de concentración de Saint Cyprien e despois pasou a Gurs: Illote C, Barracón 14.Internados en campos de concentración franceses Regresou a España. Xulgado en Ferrol por deserción foi condenado a morte. A pena de morte foi conmutada por carecer de delitos de sangue."Mi padre iba en un vaporcito con dos ametralladoras" Vida persoal Casou con María Bilbao e foi pai de Coro Sánchez Bilbao.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Antonio Sánchez Ferrol: Altza, 1936 – Gurs, 1939.

Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Militares de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1978