A 3-metilhistidina (3-MH) é un derivado dun aminoácido producido por modificación postraducional que se excreta na urina humana. A concentración urinaria de 3-metilhistidina é un biomarcador da degradación de proteínas no músculo esquelético humano que sufriu unha lesión. A 3-metilhistidina urinaria está tamén elevada cando se consomen produtos baseados na soia ou na carne, especialmente a de polo.
Bioquímica A 3-metilhistidina é un produto metabólico que se produce no corpo pola metilación encimática da histidina durante a formación de enlaces peptídicos e a metilación da actina e miosina.
Detección en fluídos corporais A concentración normal de 3-metilhistidina na urina de persoas adultas foi detactada e cuantificada entre 3,63 e 69,27 micromoles por milimol (μmol/mmol) de creatinina, e a maioría dos estudos informan dunha concentración media urinaria de 15 e 20 μmol/mmol de creatinina. A concentración media de 3-metilhistidina no plasma sanguíneo humano cuantificouse en 2,85 micromolar (μM) cun intervalo de 0,0 a 5,9 μM. A concentración media de 3-metilhistidina no líquido cefalorraquídeo humano cuantificouse en 3,82 μM cun intervalo de 1,39 a 6,25 μM.
Notas
Categoría:Imidazois Categoría:Derivados de aminoácidos Categoría:Biomarcadores