Zou é unha serie de televisión infantil de animación inspirada nos libros homónimos do autor francés Michel Gay. O programa foi producido pola compañía francesa Cyber Group Studios para Disney EMEA. Estreouse en Disney Junior en maio de 2012.
Sinopse Zou trata da vida cotiá e as aventuras dun poldro de cebra antropomórfico, Zou (Bizou), o seu compañeiro Poc o periquito, e a súa familia e amigos. A maioría dos episodios conteñen o nome de Zou no título e adoitan ter lugar na casa de Zou ou no seu xardín traseiro. Zou vive coa súa nai, o seu pai, os seus avós e a súa bisavoa. Cada episodio presenta algún problema ou cuestión sinxela coa que Zou debe lidar, xeralmente coa axuda da súa familia e amigos.
Notas
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2012 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2018 Categoría:Series de televisión en lingua francesa Categoría:Series de televisión de Francia