Tenor (en ) é un filme francés de 2022 dirixido por Claude Zidi Jr. Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.

Sinopse Antoine é un repartidor de suxi da periferia de París que vive co seu irmán boxeador, Didier, que se dedica aos combates clandestinos. Malia que está a estudar contabilidade, a paixón de Antoine é a música, e concretamente o rap. Un día, o destino fai que vaia levar un pedido de suxi a unha alumna de canto clásico durante unha clase. Alí coñece a Marie, unha mestra que descubrirá o potencial de Antoine como tenor e lle inculcará o amor pola ópera. Antoine, que vive nun mundo totalmente diferente, terá que atopar a maneira de adaptarse a este novo espazo que os compañeiros do barrio atoparán difícil de aceptar.

Personaxes Michèle Laroque como Madame Loyseau Voz en galego: Isabel Vallejo Mohamed Belkhir como Antoine Zerkaoui Voz en galego: Daniel Lema Guillaume Duhesme como Didier Voz en galego: Andrés Bellas Maëva El Aroussi como Samia Voz en galego: Ana Lemos Samir Decazza como Elio Voz en galego: Gaspar Somoza Marie Oppert como Joséphine Voz en galego: Chelo Díaz Louis de Lavignère como Maxime Voz en galego: Antón Ja Stéphane Debac como Pierre Voz en galego: Nacho Castaño Doudou Masta como Djamel Voz en galego: Tino Hermida Oscar Copp como Abdel Voz en galego: Raúl Dans

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego