As festas de María Pita son unha serie de festexos populares que se celebran na cidade da Coruña durante todo o mes de agosto.
Historia miniatura|A Liga de Amigos da Coruña organizou as festas de María Pita durante os primeiros anos do século XX. A súa orixe atópase a finais do século XVI, cando se comezou a conmemorar a resistencia da cidade da Coruña fronte ao asedio da Armada Inglesa liderada por Francis Drake en 1589. Durante os séculos XVI, XVII e XVIII celebrábase os primeiros días de xullo e tiña un carácter principalmente relixioso, conmemorando o voto ofrecido pola Cofraría do Rosario á Patroa da cidade, a Nosa Señora do Rosario, na Igrexa de San Domingos o 8 de maio de 1589, en pleno asedio inglés, e o realizado uns días despois polo Concello da Coruña.
A mediados do século XIX a festa comezou a secularizarse e tomou o nome de María Pita, heroína da resistencia da cidade durante a batalla. Durante eses anos, aos actos máis populares fóronse engadindo tamén outros eventos máis culturais, como certames musicais ou os Xogos Florais. En 1889 a celebración trasladouse a agosto, para aproveitar mellor as condicións da época estival e dende 1904 encargóuselle a organización dos festexos á Liga de Amigos da Coruña. Durante os seguintes anos celebráronse batallas florais, cabalgatas, regatas e concursos diversos, sendo o espectáculo máis popular o de xigantes e cabezudos.
Notas
Categoría:Festas de Galicia Categoría:A Coruña