José Guerra Cuervas, coñecido como Pepe Guerra, nado nas Palmas de Gran Canaria en 1908 e finado o 5 de xuño de 1953, foi un futbolista español que xogaba como defensa.

Traxectoria Durante a súa infancia e xuventude militou en varios clubs da súa illa natal como o Jaime I, o León y Castillo FC, o Unión Marina e o Marítimo. Axiña comezou a destacar como defensa e fichou polo histórico Marino FC, un dos principais clubs canarios da súa época. No Marino tivo como adestrador ao húngaro Ferenc Voggenhuber, que en 1928 fichou polo Deportivo da Coruña levando consigo catro xogadores canarios: Guerra, Hilario, Perdomo e Andrés Pérez. Co club galego debutou na Segunda División, disputando 14 partidos, case sempre tendo como compañeiro na defensa a Ramón Rey.

En 1929 regresou ás Illas Canarias e ao Marino, ao que seguiu vencellado tamén despois da súa retirada como futbolista. Foi adestrador do club en varias ocasións e formou parte da directiva.

Notas

Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Nados en 1908 Categoría:Futbolistas das Canarias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Finados en 1953