O Concejo de Gordón é unha comarca tradicional da provincia de León, en España. Comprende a maior parte do actual concello de La Pola de Gordón e unha localidade do de La Robla. A comarca está a escasos quilómetros ao norte da capital.
A paisaxe do Concejo de Gordón é o típico dun val da montaña de León. Está situado no curso medio do río Bernesga.
Poboacións
O Val de Gordón está conformado polo concello de La Pola de Gordón, coas poboacións de La Pola de Gordón, Los Barrios de Gordón, Beberino, Buiza, Cabornera, Ciñera, Geras, Llombera, Nocedo de Gordón, Paradilla de Gordón, Peredilla, Santa Lucía de Gordón e Vega de Gordón. Polo concello de La Robla, coa única poboación de Puente de Alba.
Notas
Categoría:Comarcas da provincia de León Categoría:Xeografía da provincia de León