Norman E. Nemeth, nado en Newport News, Virxinia, o 23 de novembro de 1942 e finado en West Chester, Pensilvania, o 12 de abril de 2012, foi un gravador e deseñador de medallas e moedas estadounidense.
Traxectoria Norman Nemeth naceu en Newport News, Virxinia, o 23 de novembro de 1942."Norman E. Nemeth - US Mint Sculptor and Engraver". Coincommunity.comSmith, P. (2025).
En 1961 alistouse na Forza Aérea dos Estados Unidos, e serviu como mecánico de reactores no Mando Aéreo Estratéxico e no Servizo Militar de Transporte Aéreo. Retirouse da Forza Aérea en 1965.
Logo recibiu a súa formación artística na Hartford Art School, da Universidade de Hartford, na que se graduou en Escultura en 1969. Un ano antes da súa graduación encargóuselle unha escultura para a colección permanente da escola.
Logo da súa graduación, Nemeth vinculou a súa carreira profesional como deseñador e gravador á ceca privada Franklin Mint durante once anos, entre 1969 e 1980."Nemeth, Norman E.". Dickjohnsonsdatabank.com Alí creou numerosas medallas e moedas cuñadas por esta compañía para países como Güiana, Trinidad e Tobago, e os Estados Unidos."Norman E. Nemeth". Numista.com
Logo pasou a traballar de xeito autónomo durante dúas décadas para diversas empresas vencelladas á mercadotecnia, a produción de medallas e moedas e a holografía, ademais de crear modelos propios de moedas, medallas, placas, xoguetes, esculturas de porcelana e estaño, bonecas, máscaras e outros produtos escultóricos.
En 2001, Nemeth incorporouse ao cadro de deseñadores e gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos, e encargouse do deseño e o gravado dun bo número de moedas estadounidenses, tanto circulantes como conmemorativas.
Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, foi membro da American Medallic Sculpture Association.
Norman E. Nemeth finou en West Chester, Pennsylvania, o 12 de abril de 2012.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gilkes, P. (2012). "Sculptor-Engraver Norman Nemeth Dies After Long Career". En Coin World. 14 de maio. Páxina 46. Smith, P. (2025). "Nemeth, Norman E.". En American Numismatic Biographies. Páxina 318.
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Finados en 2012 Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Medallas Categoría:Personalidades sen imaxes