miniatura|Logo de XM Satellite Radio. XM é unha serie de satélites de comunicacións pertencentes a XM Satellite Radio Holdings Inc. adicados á emisión de programas de radio dixital.

Características Os satélites XM son satélites en órbita xeoestacionaria deseñados para emitir programación de radio dixital a usuarios en terra. Lanzáronse varios satélites desta serie, os dous primeiros (XM 1, alcumado Rock, e XM 2, Roll) o 8 de maio de 2001 e o 18 de marzo de 2001 respectivamente, cada un cunha masa de 4600 kg, ambos usando foguetes Zenit 3SL e montados co bus BSS-702 de Boeing Satellite Systems. Entre os dous emitían ata 100 canais dixitais accesibles con pequenas antenas desde terra. Os satélites estaban deseñados para consumir ata 18 kW de potencia proporcionados polos seus paneis solares, pero un problema nos mesmos disminuiu a potencia dispoñible. Ambos satélites tiñan unha esperanza de vida de 15 anos grazas ao uso de motores iónicos XIPS e levaban a bordo dous transpondedores en banda S. XM 1 foi retirado do servizo en 2016.

Os dous seguintes satélites XM, o XM 3 (Rhythm) e XM 4 (Blues) foron lanzados o 1 de marzo de 2005 e o 30 de outubro de 2006, tamén mediante Zenit 3SL, usando o mesmo bus e as mesmas prestacións que os dous primeiros pero con paneis redeseñados para evitar os seus problemas de enerxía. O XM 5 foi lanzado o 14 de outubro de 2010 usando o bus SSL-1300S de Space Systems/Loral e mediante un foguete Proton M Briz-M. Cunha masa de case 6000 kg, ten unha esperanza de vida de 15 anos e usa dous reflectores de 9 m de diámetro para emitir o sinal.

A terceira xeración dos satélites XM está formada polos satélites SXM 7, 8, 9 e 10, lanzados mediante Falcon 9 entre 2020 e 2025 e usando o bus SSL-1300. SXM 7 sufríu un problema na carga útil que o deixou fora de funcionamento en febreiro de 2021.

Historial de lanzamentos MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasXM 18 de maio de 2001Zenit 3SLÉxitoXM 218 de marzo de 2001Zenit 3SLÉxitoXM 31 de marzo de 2005Zenit 3SLÉxitoXM 430 de outurbro de 2006Zenit 3SLÉxitoXM 514 de outubro de 2010Proton M Briz-MÉxitoSXM 713 de decembro de 2020Falcon 9ÉxitoSXM 86 de xuño de 2021Falcon 9ÉxitoSXM 95 de decembro de 2024Falcon 9ÉxitoSXM 107 de xuño de 2025Falcon 9Éxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Zenit 3SL Proton M Briz-M Falcon 9

Categoría:Satélites artificiais