Anatomie d'une chute é un filme francés de 2023 dirixido por Justine Triet a partir dun guión que escribiu xunto con Arthur Harari. Está protagonizado por Sandra Hüller como unha escritora que tenta demostrar a súa inocencia na morte do seu marido. O resto do elenco está composto por Swann Arlaud, Milo Machado-Graner, Antoine Reinartz, Samuel Theis, Jehnny Beth, Saadia Bentaïeb, Camille Rutherford, Anne Rotger e Sophie Fillières.
Estreouse na 76ª edición do Festival de Cinema de Cannes o 21 de maio de 2023, onde gañou a Palma de Ouro e o premio Palm Dog, e competiu pola Palma Queer. Estreouse nos cinemas franceses a través de Le Pacte o 23 de agosto de 2023, recibindo eloxios da crítica, vendendo máis de 1,9 millóns de entradas en Francia e gañando seis premios na 49ª edición dos Premios César, incluído o de mellor filme. Taméb recibiu cinco nomeamentos na 96ª edición dos Premios Óscar, incluíndo mellor filme, mellor director (Triet), mellor actriz (Hüller), e gañou mellor guión orixinal. Dende entón, foi citada como un dos mellores filmes da década de 2020 e do século XXI.
Personaxes Sandra Hüller como Sandra Voyter Swann Arlaud como Vincent Renzi Milo Machado-Graner como Daniel Maleski Antoine Reinartz como o fiscal Samuel Theis como Samuel Maleski Jehnny Beth como Marge Berger Saadia Bentaïeb como Nour Camille Rutherford como Zoé Solidor Anne Rotger como o presidente Sophie Fillières como Monica Messi como Snoop
Notas
Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Justine Triet Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Francia Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes sobre a morte