Miguel González Piñeiro, nado o 11 de maio de 1986, é un empresario e político do PPdeG.

Traxectoria É licenciado en Xestión e administración de empresas e dirixe unha empresa funeraria.

O 10 de xullo de 2019, se converteu en alcalde de Baralla ao suceder a seu pai, Manuel González Capón que renunciara uns días antes por mor dunha enfermidade. En xaneiro de 2022, gañou a presidencia da agrupación local co 100% dos votos. Nas eleccións de 2023, revalidou a alcaldía aumentando a maioría absoluta que herdara.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Baralla

Categoría:Nados en 1986