As linguas samoiedas son un grupo de linguas faladas arredor dos Montes Urais, no norte de Eurasia, por volta de 25.000 persoas que conforman colectivamente os pobos samoiedos. Derivan dunha lingua chamada lingua protosamoieda, e forman un grupo das linguas urálicas. Despois de se separar quizais nos últimos séculos a.C., non constitúen un grupo diverso de linguas e tradicionalmente considéranse un grupo externo, que se ramificou primeiro das outras linguas urálicas.
Etimoloxía O termo samoiedo deriva do ruso samoyed () que orixinalmente se refería só ao pobo nenets e que despois se estendeu a outros pobos relacionados.
Unha das teorías intepreta o termo como despectivo do ruso , que literalmente significa "autocomedor" (a palabra foi interpretada por viaxeiros estranxeiros como unha alegación de canibalismo).
Outra suxestión sobre a orixe do termo é unha corrupción da expresión *saam-edne*, que significa "Terra dos saams".
Notas
Categoría:Linguas urálicas Categoría:Linguas de Rusia