O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á coresma, e que está composto principalmente polo Domingo de Entroido, o Luns de Entroido e o Martes de Entroido ou Mardi Gras.
O entroido adoita incluír celebracións públicas, incluíndo eventos como desfiles, festas nas rúas e outros entretementos, combinando elementos circenses. Os participantes adoitan entregarse a un consumo excesivo de alcohol, carne e outros alimentos que se renunciarán durante a próxima coresma. Tradicionalmente, a manteiga, o leite e outros produtos animais non se consumían "en exceso", senón que as súas existencias consumíanse na súa totalidade durante o entroido para reducir o desperdicio. Esta festa é coñecida por ser un tempo de indulxencia antes da coresma (que é un tempo que salienta o contrario), con bebida, comida en exceso e outras actividades.
Celébrase principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos.
Etimoloxía Dise que a palabra carnaval provén da expresión latina tardía carne levare, que significa "quitar a carne"; unha etimoloxía popular derívaa de carne vale, "adeus á carne". En calquera caso, isto significa o xaxún que se achega coa coresma.
Outros estudosos argumentan que a orixe da palabra é unha festa campestre común a base de carne (en latín carnualia ) ou o festival do Navigium Isidis ("barco de Isis"), onde a imaxe de Isis era levada á beira do mar para bendicir o comezo da tempada de navegación. O festival consistía nun desfile de máscaras seguindo un barco de madeira adornado, chamado en latín carrus navalis, posiblemente a orixe tanto do nome como das carrozas do desfile.
Distribución xeográfica
Entroido de Galicia Entroido de Valencia Entroido de Cádiz Entroido do Brasil Entroido de Oruro Entroido de Colombia Entroido de Trinidad e Tobago Mardi Gras dos Estados Unidos Entroido eslavo Fastelavn Entroido de Italia Užgavėnės Entroido de Santa Cruz de Tenerife Baklahorani
Notas
Categoría:Entroido