Dólar Voyageur "1 Dollar - George V Silver Jubilee". Numista.com300x300pxA/: Busto de Xurxo V coroado cara á esquerda. Lenda: GEORGIVS V REX IMPERATOR ANNO REGNI XXVR/: Un voyager e un indíxena navegan en canoa, levandoo un fardo. Marca de gravador (EH), Lenda: CANADA / 1935 / DOLLAR Datas: 1935 Cecas: Real Casa da Moeda do Canadá Deseño: P. Metcalfe (A/) e Emmanuel O. Hahn (R/). Aliaxe: prata (80 %) e cobre (20 %). Tiraxe: 428. 707 exemplares. Diámetro: 36,00 mm. Peso: 23,33 g. Espesor: 2,84 mm. Canto: estriado.
O dólar Voyageur é unha moeda canadense dese valor facial cuñada inicialmente en prata pola Real Casa da Moeda do Canadá para a circulación ordinaria en 1935 en conmemoración do 25 aniversario do reinado de Xurxo V.
A moeda seguiuse cuñando en prata ata 1968, e desde ese ano comezou a producirse en níquel e cun diámetro lixeiramente inferior, ata a súa desaparición en 1986, cando foi substituída por un novo dólar de bronce, coñecido como loonie.
Caracterización Nos seus anversos, este dólar amosa os bustos dos sucesivos monarcas británicos (Xurxo V, Xurxo VI e Isabel II), e o seu reverso está caracterizado pola escena dun home indíxena e un voyageur franco-canadense remando nunha canoa, cunha illa con dúas árbores ao fondo. Por detrás, unhas liñas verticais representan a aurora polar, e os fardos que transportan na canoa levan as iniciais H.B., que representan a Compañía da Baía de Hudson.Haxby, J. A.; Willey, R. C. (2022). Páxinas 99-109.
Esta imaxe representa unha versión romantizada da historia temperá do Canadá co comercio de peles, e pasou a coñecerse como o deseño Voyageur."A Tale of Two Designs: How Canada’s 1-dollar Coin Became the Loonie". Mint.ca Este deseño foi obra do artista canadense Emmanuel Otto HahnEmanuel Hahn, cuxas iniciais EH aparecen na moeda, á esquerda, debaixo da canoa.
Historia
Antecedentes O 4 de maio de 1910, o goberno canadense aprobou o Proxecto de lei 195, que supuña unha emenda á Lei da Moeda vixente, pola que se determinaba a emisión dun dólar canadense de prata. James Bonar, daquela subdirector da sede en Ottawa da Royal Mint, encargou as matrices para a elaboración dos cuños deste novo dólar o 10 de novembro de 1910, aínda que este proceso sufriu un atraso e os cuños non se puideron entregar á casa da moeda ata case un ano despois. Cando chegaron os cuños, Robert Borden gañara as eleccións canadenses e cancelara a produción do dólar de prata. Aínda que o novo goberno non deu ningunha razón oficial sobre a cancelación, unha carta de Bonar atribuíu a cancelación da moeda á ausencia nas inscricións dunha referencia a Deus (DEI GRATIA) nos deseños da moeda presentados polo artista Percy Metcalfe, o que xerou controversia entre os canadenses da época."The 1911 silver dollar". Bank of Canada Museum (Bankofcanadamuseum.ca). miniatura|301x301px|Exemplares de proba cuñados en 1911 e expostos no Museo do Banco do Canadá. O da esquerda é o cuñado en chumbo e os outros dous en prata. En 1911, a Royal Mint cuñou en Londres tres probas de ceca do novo dólar; dúas en prata,"1 Dollar - George V Silver pattern". Numista.com e unha terceira en chumbo."1 Dollar - 1911 Lead pattern". Numista.com Unha das probas de prata é propiedade do Museo da Royal Mint, que lla ten cedida en préstamo ao Banco de Canadá desde 1976. O espécime de chumbo descubriuse durante un traslado en 1977, e tanto este como o outro de prata forman parte da Colección Nacional de Moeda do Banco de Canadá e están expostas no Museo do Banco de Canadá desde 1980.Lynch, A. (2022). "Bank of Canada Museum acquires 1911 silver dollar deemed country's greatest rarity". En Capital Current. 6 de xaneiro.
1935: conmemoración do 25 aniversario de Xurxo V Finalmente, a moeda dun dólar canadense de prata materializouse en 1935, coa primeira emisión do dólar Voyageur, co gallo da conmemoración do Xubileu de Prata ou 25 aniversario do reinado de Xurxo V (1910-1936). O busto do anverso foi o deseñado anteriormente por Percy Metcalfe en 1911, aínda que cunhas novas lendas, en latín, esta vez alusivas ao feito conmemorado: GEORGIVS V REX IMPERATOR ANNO REGNI XXV ("Xurxo V, Rei, Emperador, 25º ano de reinado").
miniatura|Emanuel Hahn, autor do popular deseño do reverso do dólar Voyageur."Emanuel Otto Hahn, sculptor born in Germany". Library and Archives Canada.|313x313px
Esta foi a primeira aparición nunha moeda do famoso deseño do Voyageur creado por Emanuel Hahn."Canadian Silver Dollars (Voyageurs and Conmemoratives)". Coinscan.com Tamén foi a primeira moeda canadense co valor nominal dun dólar emitida para a súa circulación cotiá, malia ter un carácter conmemorativo, e marcou o comezo dos dólares canadenses de prata como parte do sistema monetario, que continuaron ata 1968, cando a composición da moeda cambiou da prata a níquel.Cross, W. K. (ed.). Páxina 168.
Cuñaxe en prata Os cuños do anverso de Metcalf de 1911, co mesmo busto de Xurxo V e coas lendas primitivas, non conmemorativas, e que mantiñan a ausencia de alusión a Deus (GEORGIVS V DEI GRATIA REX ET INDIA IMPERATOR ("Xurxo V, rei e emperador da India pola graza de Deus"), foron aproveitadas para unha nova emisión da moeda, de carácter ordinario, en 1936."1 Dollar - George V". Numista.com
A emisión estándar de 1936 foi considerada como un grande éxito, e a partir desa data comezou a cuñarse con regularidade, aínda que non anualmente, dentro das emisións regulares de moeda canadense, primeiro co busto de Xurxo VI entre 1937 e 1952 (deseñado por Thomas Humphrey Paget),"1 Dollar - George VI with IND:IMP:" / "without IND:IMP:" . Numista.com logo co primeiro busto de Isabel II, entre 1953 e 1963 (creado por Mary Gillick)"1 Dollar - Elizabeth II 1st portrait". Numista.com e finalmente co segundo busto desta raíña (obra de Arnold Machin)."Striking in its Solitude. The 1‑dollar Coin, familiarly known as the 'loonie'". Mint.caminiatura|300x300px|Emisión de 1965, co busto de Isabel II deseñado por Arnold Machin."1 Dollar - Elizabeth II 2nd portrait". Numista.comParalelamente ás emisións ordinarias, producíronse en 11 ocasións, entre os anos 1939 e 1984, versións conmemorativas do dólar de prata, mantendo o mesmo anverso das emisións ordinarias mais substituíndo o característico reverso dos voyageurs por outros específicos conmemorativos de diversas efemérides, como a visita de Xurxo VI en 1939,"1 Dollar - George VI Royal Visit". Numista.com a integración de Terra Nova á Confederación en 1949,"1 Dollar - George VI Welcome Newfoundland". Numista.com ou o centenario da Confederación do Canadá en 1967."1 Dollar - Elizabeth II 2nd portrait, Confederation". Numista.com
Tiraxes anuais da versión de prata "Striking in its Solitude. The 1‑dollar Coin, familiarly known as the 'loonie'". Mint.caEsta é a tiraxe stándar destinada á circulación. A maiores, na maioría dos anos producíronse tamén tiraxes especias para coleccionistas, cun acabamento especial proof —fondo espello e relevo mate—.
Xurxo V 1935: 428.707 1936: 306.100 Xurxo VI 1937: 241.002 1938: 90.304 1939: 1.363.816 1940: 0 1941: 0 1942: 0 1943: 0 1944: 0 1945: 38.391 1946: 93.055 1947: 86.730 1948: 18.780 1949: 672.218 1950: 261.002 1951: 416.395 1952: 406.148 Isabel II 1953: 1.074.578 1954: 246.606 1955: 268.105 1956: 209.092 1957: 496.389 1958: 3.039.630 1959: 1.443.502 1960: 1.420.486 1961: 1.262.231 1962: 1.884.789 1963: 4.179.981 1964: 7.296.832 1965: 10.768.569 1966: 9.912.178 1967: 6.767.496
Cuñaxe en níquel A partir de 1968, a cuñaxe do dólar Voyageur abandonou a prata e pasou a ser de níquel puro, e este cambio levou consigo tamén a redución do seu tamaño, xa que o seu diámetro pasou dos 36 aos 32 milímetros, o que facilitaba os labores de cuñaxe, ao se tratar dun metal máis duro. Esta redución de tamaño comportou tamén unha mingua do seu peso, que pasou de 23,33 a 15,62 gramos."1 Dollar - Elizabeth II 2nd portrait (1968-1976) / "(1977)" / "(1978-1987)". Numista.com
A partir de entón, a serie de prata de tamaño grande só continuou para algunhas emisións puntuais de carácter conmemorativo, en 1982 (dólar das constitucións) e en 1984 (dólar Jacques Cartier). O dólar Voyageur de níquel cuñouse por derradeira vez para circulación ordinaria en 1986, e xa só para o coleccionismo en 1987."1 Dollar - Elizabeth II 2nd portrait; small portrait". Numista.com
Tiraxes anuais da versión de níquel
Isabel II 1968: 5.579.714 1969: 4.809.313 1970: 4.140.058 1971: 4.260.781 1972: 2.193.000 1973: 3.196.452 1974: 2.799.363 1975: 3.256.000 1976: 2.101.000 1977: 1.393.745 1978: 2.948.488 1979: 1.884.789 1980: 2.544.000 1981: 2.778.900 1982: 13.356.398 1983: 2.267.525 1984: 1.223.486 1985: 3.104.592 1986: 3.089.225
Cambio ao dólar dourado Aínda que nin os dólares de prata nin os de níquel circulaban tan intensamente como os billetes dese valor, a Royal Canadian Mint considerou conveniente manter na circulación un dólar en moeda. Tendo en conta que unha moeda dun dólar podería durar 20 anos máis ca un billete dun dólar, calcularon que se poderían aforrar ata 250 millóns de dólares en 20 anos. Para fomentar a circulación da moeda, reduciuse o tamaño, cambiouse a cor e optouse por eliminarse da circulación o billete dese valor."1987: Introducing the loonie". CBC.ca
Orixinalmente, os plans prevían que o deseño do voyageur continuase na nova moeda dun dólar de cor dourada, mais deuse a circunstancia de que o conxunto de gravados que representaba ese deseño perdeuse no transporte entre a ceca de Ottawa e a de Winnipeg."The loonie, a Canadian touchstone, is turning 20". Ctvnews.ca. 27 de xuño de 2007. Para eliminar o risco de falsificación, utilizouse un deseño alternativo que presentara Robert-Ralph Carmichael nun concurso de deseño de moedas de 1978, que representaba un mergullón."Check your pockets! You could be carrying a piece of local history". Sootoday.com. 24 de xuño de 2018. Este novo deseño pasou a coñecerse como loonie.
Emisións conmemorativas En 1939, 1958, 1964, 1967, 1970, 1971, 1973 e 1974 emitíronse moedas conmemorativas dun dólar coas mesmas características métricas e o mesmo anverso do dólar Voyageur de prata, mais con reversos específicos de carácter conmemorativo. Neses anos, non se cuñou simultaneamente a versión estándar do dólar Voyageur. No entanto, en 1982 e 1984 en paralelo ás emisións das derradeiras moedas conmemorativas de prata, emitíronse tamén as versións ordinarias, daquela xa en níquel.
+ReversoAnoConmemoraciónDeseñadorTiraxe1939Visita de Xurxo VI e a súa filla Isabel a Ottawa.Emanuel Hahn1.363.8161949Integración de Terra Nova na Confederación.Thomas Shingles672.2181958Centenario da Columbia Británica."1 Dollar - Elizabeth II British Columbia". Numista.comStephen Trenka3.039.6301964Centenario das Conferencias de Charlottetown e Quebec."1 Dollar - Elizabeth II Confederation Conferences". Numista.comDinko Vodanovic7.296.8321967Centenario da Confederación do Canadá.Alex Colville6.767.4961970Centenario da integración de Manitoba na Confederación."1 Dollar - Elizabeth II Manitoba". Numista.comRaymond Taylor4.140.0581971Centenario da integración da Columbia Británica na Confederación."1 Dollar - Elizabeth II British Columbia". Numista.comThomas Shingles4.260.7811973Centenario da integración da Illa do Príncipe Eduardo na Confederación."1 Dollar - Elizabeth II Prince Edward Island". Numista.comTerry Manning3.196.4521974Centenario da integración de Winnipeg na Confederación."1 Dollar - Elizabeth II Winnipeg". Numista.comPaul Perderson2.799.3631982Constitucións de 1867 e de 1982."1 Dollar - Elizabeth II Constitution". Numista.comAgo Aarand9.709.4021984450º aniversario da chegada de Jacques Cartier á Península de Gaspé."1 Dollar - Elizabeth II Jacques Cartier". Numista.comHector Greville7.009.323