Siria é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos do Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.
Historia
Siria forma parte de Asia, en concreto do Oriente Medio. O nome de Siria é tan antigo como a súa historia, atopándose multitude de referencias na Biblia. Anteriormente, formaba parte dun territorio moito máis amplo, que incluía ademais os actuais Chipre, Líbano, Xordania, Iraq e Israel, cuxo nome era Bilad al Cham ou Territorio Lunar, por ser a súa capital, Damasco, tamén chamada Cham, un oasis no medio do deserto.
Siria formou parte, xunto con Exipto, da República Árabe Unida entre 1958 e 1961.
Durante un breve período nos anos 1970, Siria xunto con Libia e Exipto conformou unha federación que pretendía ser o xerme para a definitiva unidade árabe. Dita federación fora impulsada de xeito decidido polo líder libio Muammar al-Gaddafi, pero sucumbiu aos conflitos de intereses entre os tres países que se viron divididos entre outros asuntos pola súa postura fronte a Israel.
Subdivisións Siria divídese en 14 muhafazat (محافظة , singular muhafazah equivalente a provincia ou gobernación) que levan o nome da capital, e que se subdividen en 61 manāṭiq (singular minţaqah equivalente a distrito ou rexión) Nº Muhafazat Capital 1 Lataquia Lataquia 2 Idlib Idlib 3 Alepo Alepo 4 Al-Raqqah Al-Raqqah 5 Al-Hasakah Al-Hasakah 6 Tartus Tartus 7 Hama Hama 8 Deir ez-Zor Deir ez-Zor 9 Homs Homs 10 Damasco – 11 Damasco Rural – 12 Quneitra Quneitra 13 Daraa Daraa 14 Al-Suwayda Al-Suwayda
Xeografía
miniatura|240px|Muhafazat de SiriaSiria esténdese entre as latitudes 32° e 38° N e as lonxitudes 35° e 43° E. Na súa maior parte consiste nunha chaira árida, non obstante o noroeste do país, que se abeira ó Mediterráneo, é bastante verde. O nordés mailo sur constituían as zonas agrícolas tradicionais. O Éufrates, o río sirio máis importante, cruza o país polo leste.
O clima é seco e quente, os invernos son moderados, mais pola elevación do país por veces neva no inverno..
Demografía
Economía Véxase: Economía de Siria.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Literatura siria Ligazóns externas Parlamento de Siria