A ermida da Nosa Señora dos Remedios é unha construción relixiosa situada no concello español de Colmenar Viejo, na parte setentrional da Comunidade de Madrid. Atópase a uns catro quilómetros do centro urbano, na estrada que se dirixe a Guadalix de la Sierra.

Patrimonio Contén a imaxe da Nosa Señora dos Remedios, patroa de Colmenar Viejo, que foi descuberta en 1914 durante unha reforma da anterior imaxe. Esta pequena imaxe responde á tipoloxía de Virxe sentada nun trono co Neno sentado no xeonllo esquerdo, que historicamente ten o seu período de esplendor a partir do século XII.

A ermida é o centro dun importante enclave arqueolóxico do norte da Comunidade de Madrid. Dentro do edificio salienta a existencia dun alicerce de pedra con dous tipos de inscricións. No primeiro, situado na súa parte posterior, hai seis letras de orixe latina, abreviaturas de TER AVC, e que se cre, podería tratarse dunha mouteira indicativa dos límites de separación entre territorios administrativos da época romana. A segunda inscrición, de data descoñecida e difícil lectura, trata sobre a data na que se achou a actual imaxe da Virxe. esquerda|miniatura|232x232px|Mouteira romana empregada como pedestal para flores dentro da ermida. Diante da porta de acceso á ermida atópase un pórtico illado, traído dende o centro urbano nos anos 1940, pertencendo ao antigo Hospital de pobres de Colmenar Viejo (século XVI).Dirección Xeral de Patrimonio Histórico.

No exterior, salientan os restos arqueolóxicos da necrópole visigoda de Remedios atopada no recinto anexo á ermida.

No cinema Parte das escenas do filme El Cid (1961), dirixido polo estadounidense Anthony Mann e coa actuación nos papeis principais de Charlton Heston e Sophia Loren, foron rodadas na ermida.

Notas

Categoría:Colmenar Viejo Categoría:Ermidas de España