En setembro de 1935 unha turba branca racista linchou a Elwood Higginbotham na cidade de Oxford, Mississippi, Estados Unidos.
Antecedentes Elwood Higginbotham era un granxeiro inquilino negro de 29 anos. Foi acusado e encarcerado por presuntamente disparar contra o seu terratenente en defensa propia. Parecía improbable que fose condenado.
Asasinato O 17 de setembro de 1935 unha turba racista irrompeu na súa cela e secuestrouno. Foi aforcado nunha árbore na intersección de North Lamar Boulevard e Molly Barr Road, fronte a unha multitude que celebraba o seu asasinato.
Nunca se procesou ninguén polo seu asasinato. A súa nai e o resto da súa familia fuxiron de Mississippi despois do linchamento.
Legado Despois do asasinato de Higginbotham o secretario da NAACP, Walter White, escribiulle ao presidente Franklin D. Roosevelt, pedindo un proxecto de lei federal contra os linchamentos.
En 2018 colocouse unha placa no lugar no que se cre que foi linchado.
Notas
Categoría:1935 Categoría:Racismo nos Estados Unidos de América Categoría:Asasinatos nos Estados Unidos de América Categoría:Mississippi