Obscured by Clouds é o sétimo álbum de estudio, e segunda banda sonora, do grupo británico de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 2 de xuño de 1972 a través dos selos Harvest Records e Capitol Records. Serve como banda sonora da película francesa La Vallée, de Barbet Schroeder. Foi gravado en dúas sesións en Francia, mentres Pink Floyd estaba de xira, e producido pola propia banda.

O único sinxelo do álbum foi "Free Four". Obscured by Clouds foi visto como un traballo de transición para a banda, que xa comezara a traballar no seu seguinte álbum, The Dark Side of the Moon (1973). O disco alcanzou o número seis no Reino Unido e o número 46 nos Estados Unidos; as opinións retrospectivas tanto dos fans como da crítica foron mixtas, e algúns críticos sinalaron as semellanzas co seu material posterior.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Pink Floyd Categoría:Álbums musicais de 1972 Categoría:Álbums de Harvest Records