Jesús "Txus" Alba Ramos, nado en Barcelona o 31 de marzo de 2003, é un futbolista catalán que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Club Deportivo Lugo da Primeira Federación.

Traxectoria en clubs En 2010 Alba comezou a súa formación nas categorías inferiores do RCD Espanyol. No ano 2014 pasou a formar parte do Club de Futbol Damm. Regresou ao Espanyol tras dúas tempadas no Damm. En 2018 foi traspasado ao Futbol Club Barcelona por unha prima de 50000€. Nestes anos Alba foi considerado un dos mellores talentos xuvenís do Barcelona e reaxustou o seu xogo a unha posición máis central como centrocampista. Para a tempada 2022/23 foi promovido ao Barcelona Atlètic, onde continuou o seu desenvolvemento baixo a dirección de Rafael Márquez. Durante a súa etapa no filial catalán Txus Alba foi compañeiro de Marc Casadó no centro do campo.

O 18 de agosto de 2023 anunciouse a fichaxe de Alba polo Ternana Calcio da Serie B. O contrato foi rescindido o 16 de novembro de 2023 por mutuo acordo. En xaneiro de 2024 pasou a formar parte do Antequera Club de Fútbol da Primeira Federación.

O 18 de xullo de 2024 confirmouse a incorporación de Alba na Cultural y Deportiva Leonesa cun contrato por unha tempada e con opción a unha segunda. O 26 de xuño de 2025 pasou a formar parte do Club Deportivo Lugo.

Traxectoria internacional Alba debutou coa selección de fútbol sub-18 de España no ano 2020, cando participou en partidos contra Turquía e Romanía.

Estilo de xogo Txus Alba destaca pola súa visión de xogo, precisión no pase e habilidade para asistir e anotar en situacións de bóla parada. Tamén é salientable o seu dominio dos dous pés e o seu equilibrio que lle permite realizar caneos coa bóla.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Txus Alba en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Antequera CF Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do CD Lugo