Elvira Jardón, nada en Vigo en 1983, é unha fotógrafa e escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria

Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas na Universidade Pontificia de Salamanca e con Relacións Internacionais no Instituto Universitario Ortega y Gasset de Madrid.

Viviu en Salamanca, Coimbra, Madrid, Dublín, Barcelona, Setúbal, Pontevedra e Vigo. Publicou poemas en fanzines (Artefactum) e escomas poéticas (Hantología Inflamable).

Tanto na poesía como na fotografía, a súa obra afonda na natureza, a emoción, as feridas e a beleza secreta do cotián. Como co-creadora do colectivo O froito e a serpe, tamén explorou o recital como unha experiencia ritual e íntima.

Fotografía Algúns dos seus proxectos foron publicados en plataformas como Cultura Inquieta e Photoespaña. Colaborou con proxectos musicais como Reunion blues de Gerard Nieto (jazz) ou I am the phantom limb de Broke Lord (pop) facendo as portadas e fotos interiores. Foi fotógrafa oficial do Residents Festival en Setúbal (Portugal) e formou parte do Proyecto Caracteres, o novo libro de Editorial Inflamavle.

En 2022 expuxo na sala Maraca de Vigo Cómo acabar con las diosas de una vez por todas.

Vida persoal miniatura|Con Luis Boullosa e Cynthia Menendez na Libraría Paz de Pontevedra en 2026 Parella do músico e escritor Luis Boullosa.

Poesía

Una mujer fácil (2018). Inflamavle. Caza Mayor (2022). Editorial Amarante. 134 páxs. ISBN 978-84-125619-9-9. Teotzin (2025). Quadranta Ed. 74 páxs. ISBN 979-13-87773-72-4. A obra propón unha viaxe a territorios onde o corpo, a memoria e o sagrado converxen nunha mesma corrente.

Obras colectivas

Proyecto caracteres Vol. 01

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1983 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de España Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca