Raymond Richebé, nado en Vouziers, Ardenas o 6 de abril de 1862 e finado en París o 17 de xuño de 1930, foi un arquiveiro paleógrafo, heraldista e numismático francés.
Traxectoria Léon Auguste Raymond Richebé naceu o 6 de abril de 1862 na localidade de Vouziers, departamento das Ardenas, fillo de Laure Parent (1841-1864) e de Auguste Richebé (1831-1910)."Raymond Richebé". Geneanet.org Xa na súa infancia se amosou interesado polos estudos históricos e bibliográficos.Hanotaux, G. (1930). Páxina 236.
Cursou os seus estudos na École des Chartes, onde se graduou como arquiveiro paleógrafo na promoción de 1889, cunha tese acerca do réxime financeiro de Flandres antes do establecemento da Cámara de Contas en Lille.Hanotaux, G. (1930). Páxina 237.
Logo do seu período formativo, iniciou a súa carreira profesional adscrito á Biblioteca Mazarina, en París, e de camiño decidiu focalizar os seus estudos e as súas investigacións no ámbito da heráldica. Neste campo cómpre salientar a súa compilación e publicación de Les 32 quartiers généalogiques du prince héritier de Portugal ("Os 32 cuarteis xenealóxicos do príncipe herdeiro de Portugal), unha obra que lle valeu ser recoñecido coa cruz de comendador da Orde de Cristo.
As súas contribucións tamén foron salientables na historiografía do norte de Francia, e participou como membro na Comisión de Monumentos Históricos do Pas-de-Calais.
Richebé foi un destacado coleccionista de moedas. Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, cuxa presidencia ocupou entre os anos 1926 e 1928."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org). O seu afán como coleccionista non só se centrou nas moedas e as medallas, senón que se estendeu a outros obxectos, como marcas heráldicas, escudos de armas, cerámica, traxes e moblaxe.Allemagne, H. R. (1928). Les accessoires du costume et du mobilier depuis le treizième jusqu'au milieu du dixneuvième siècle. Tomo III. Schemit, París. "Table analytique": páxina 546.
Vida persoal Richebé casou en 1893 con Valentine Dellisse, nada en 1869, con quen tivo un fillo, chamado Gastón Richebé (1895-1963).
Raymond Richebé faleceu en París o 17 de xuño de 1930.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Hanotaux, G. (1930). "Raymond Richebé". En Bibliothèque de l'École des chartes. Nº 91. Páxinas 236-237.
Ligazóns externas
Documentos manuscritos de Raymond Richebé (France Archives)
Categoría:Nados no departamento das Ardenas Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Heraldistas Categoría:Arquiveiros Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes