Bernardo de Toledo, tamén coñecido como Bernardo de Sedirac, nado en Agen e finado en Toledo en 1125, foi un monxe cluniacense que serviu nos mosteiros de Auch e Cluny.

No ano 1080 Hugo de Cluny enviouno á Península Ibérica como abade do mosteiro real de Sahagún. Tras a conquista de Toledo foi nomeado (1086) o seu arcebispo e conseguiu do papa Urbano II no 1088 a conversión da sé metropolitana de Toledo en primada de España e no 1093 foi nomeado legado papal para Hispania. O arcebispo Xelmírez e el estiveron en permanente enfrontamento.

Categoría:Cluniacenses Categoría:Finados en 1125