Paul Bordeaux, nado en París o 12 de febreiro de 1846 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1925, foi un numismático francés.
Traxectoria Baul Bordeaux naceu en París o 12 de febreiro de 1846."Paul Bordeaux (1846-1925)". Bibliothèque nationale de France (data.bnf.fr). Seguindo a tradición paterna cursou estudos de Dereito, dos que se graduou cando tiña 20 anos.Dieudonné, A. (1925). Páxina 247.Demole, E. (1925).
Logo da súa etapa formativa exerceu inicialmente como funcionario, chegando a ser secretario do presidente da República Jules Grévy, e despois como avogado.
Paralelamente ao seu labor profesional, Bordeaux foi un notable numismático, especializado no estudo das moedas reais francesas, un tema sobre o que publicou diversos artigos, sobre todo na Revue numismatique e na Revue belge de numismatique.
Bordeaux foi durante trinta anos un membro destacado da Sociedade Francesa de Numismática, unha entidade que presidiu en dúas ocasións, entre 1896 e 1898, e entre 1905 e 1907,"Les présidents de la SFN". Société_française_de_numismatique (Sfnumismatique.org). e logo foi nomeado como presidente honorario. Ademais, casou coa filla de Émile Caron, quen coma el fora presidente e presidente honorario da Sociedade.
Iguamente, foi membro da Sociedade Suíza de Numismática, que en 1904 o nomeou membro honorario, e do mesmo xeito foi membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica. Entre outras sociedades eruditas, pertenceu tamén á Sociedade Numismática Italiana, á Sociedade Nacional dos Anticuarios de Francia e á Sociedade Francesa de Arqueoloxía.Dieudonné, A. (1925). Páxina 248.
Ao longo da súa vida, Bordeaux conformou unha importante colección de moedas e medallas francesas, que logo do seu falecemento foi vendida mediante poxa en París, en tres sesións entre 1926 e 1929.Feuardent (1926). Collection Paul Bordeaux. Première partie : Monnaies Françaises, Gauloises, Mérovingiennes, Carolingiennes et Capétiennes. París.Feuardent (1927). Collection Paul Bordeaux. Deuxième partie : Monnaies Françaises. París.Feuardent (1929). Collection Paul Bordeaux. Troisième partie : Monnaies et Médailles Françaises. París.
Baul Bordeaux finou repentinamente en París o 14 de febreiro de 1925.
Escolma de publicacións
(1893). “Les monnaies de Trêves pendant la période carolingienne”. En Revue belge de numismatique. Vol. XLIX. Páxinas 279-343, 431-458. (1894). “Les monnaies de Trêves pendant la période carolingienne (suite et fin)”. En Revue belge de numismatique. Vol. L. Páxinas 5-26. (1898). “La numismatique du siège de Maestricht en 1794”. En Revue belge de numismatique. Vol. LIV. Páxinas 285-419. (1905). Les Ateliers monétaires de Toulouse et de Pamiers pendant la Ligue. Rollin et Feuardent, París.
(1907). Une montre solaire en ivoire de 1563. París (1908). “Essai d’interprétation du mot FLAVIA figurant sur les triens des Rois Lombards, Astaulf, Didier et Charlemagne”. En Rivista Italiana di Numismatica. Vol. XXI. Páxinas 97-112. (1919). “Médailles franco-belges de l’ère républicaine et du début du XIXe siècle”. Revue belge de numismatique et de sigillographie. Vol. LXXI. Páxinas 75-109.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Dieudonné, A. (1925). "Nécrologie: Paul Bordeaux". En Revue numismatique. Tomo 28. Páxinas 247-248. Demole, E. (1925). "Paul Bordeaux". En Schweizerische numismatische Rundschau. Nº 24. Schweizerische Numismatische Gesellschaft. Páxina 3.
Categoría:Nados en 1823 Categoría:Nados en París Categoría:Finados en 1925 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Avogados de Francia Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes