miniatura|Mapa A eclipse solar do 19 de agosto de 1887 foi visible en Europa, Asia e Xapón.

Unha eclipse solar ocorre cando a Lúa pasa entre a Terra e o Sol, ocultando total ou parcialmente a imaxe do Sol para un espectador da Terra. Unha eclipse solar total ocorre cando o diámetro aparente da Lúa é maior que o do Sol, e tapa toda luz directa do Sol e converte o día en escuridade. A totalidade ocorre nun camiño estreito a través da superficie da Terra, mais prodúcese unha eclipse solar parcial visible nunha rexión circundante de miles de quilómetros de ancho.

Observacións O químico ruso Dmitri Mendeléiev subiuse nun globo preto de Moscova para observar esta eclipse. ligazón=Archivo:Solar_eclipse_1887Aug19-Niesten.png|241x241px Amencer desde Berlín, Alemañaligazón=Archivo:Die_Gartenlaube_(1887)_b_509_2.jpg|300x300px Esta eclipse é mencionada por Anton Chekhov no seu conto "Memorias dun home colérico". A data mencionada no conto é o 7 de agosto de 1887, pois nese país aínda tiña vixencia o calendario xuliano, que difire en varios días respecto do calendario gregoriano.

Véxase tamén Ligazóns externas Gráfico da NASA Mapa de Google Elementos Besselianos da NASA Expedición estadounidense da eclipse a Xapón: a eclipse solar total de 1887 "Informe preliminar do Prof. David P. Todd, astrónomo a cargo da expedición ". Publicado polo Observatorio Amherst, Mass., 1888

Categoría:Eclipses solares Categoría:1887