Vieuphoria é un vídeo musical de longa duración da banda estadounidense de rock alternativo The Smashing Pumpkins, publicado orixinalmente en VHS o 4 de outubro de 1994 e posteriormente en DVD o 26 de novembro de 2002. Foi certificado como ouro pola RIAA a finais de 1996.
O vídeo inclúe varias actuacións dos Smashing Pumpkins, principalmente da xira Siamese Dream, intercaladas con fragmentos de comedia (incluíndo "Meet the Frogs"), entrevistas, reportaxes e outros vídeos curtos.
A banda sonora da película, Earphoria, foi lanzada como un CD promocional en 1994 e oficialmente en 2002.
Listaxe de cancións
O DVD tamén inclúe a entrevista completa con Manny Chevrolet e The Lost '94 Tapes, atopadas por Billy Corgan pouco antes do lanzamento do video. As actuacións son: "Quiet" "Snail" "Siva" "I Am One" "Geek U.S.A." "Soma" "Hummer" "Porcelina" "Silverfuck"
Notas
Categoría:Álbums de video Categoría:Álbums de The Smashing Pumpkins