Sylvie de Turckheim-Pey, nada en Tours o 25 de agosto de 1936, é unha numismática e conservadora de museo francesa.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Sylvie de Turckheim-Pey naceu o 25 de agosto de 1936 en Tours, Centro-Val de Loira, filla de Marie-Henriette Courtois de Malevill (1909-1991) e de Pierre de Turckheim (1903-1983)."Sylvie de Turckheim". Geneanet.orgLandgraf, E. (2001). "Turckheim, Sylvie de". En Fédération des Sociétés d’Histoire et d’Archéologie d’Alsace (alsace-histoire.org).
A súa formación transcorreu entre a Escola do Louvre (1966-1969), a Escola Nacional Superior de Bibliotecas (1973) e a Escola Práctica de Altos Estudos (1967-1973).
Carreira profesional e como erudita De Turckheim-Pey iniciou a súa traxectoria profesional, no ámbito da biblioteconomía e a documentación, na Cámara de Comercio Británica (1956) e tamén traballou no Instituto de Xemoloxía (1982-1983).
En 1967 ingresou no Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia, onde en 1983 acadou o posto de conservadora e en 1996 foi nomeada conservadora xeral. Nesta institución dirixiu o estudo dos tesouros de moeda da antiga Roma e, a partir de 1984, encargouse da sección de medallas e fichas a partir da Idade Media. A súa vinculación con esta institución mantívose ata a súa xubilación en 2002, e en 2004 foi nomeada conservadora de honra."Pey de Turckheim, Sylvie". Academiemontauban.fr
Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Sylvie de Turckheim-Pey é membro da Sociedade Francesa de Numismática, entidade na que exerceu como tesoureira (1982-1989) e secretaria (1990-1992), e que finalmente presidiu entre 1993 e 1995."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org). Así mesmo, foi membro do comité consultivo da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM),"Consultative Committee 2025-2027". International Art Medal Federation (fidem-medals.org). e membro da Sociedade Británica da Medalla de Arte, e en 1997 foi elixida membro correspondente da Academia de Ciencias, Letras e Artes de Montauban e da Academia de Letras, Ciencias e Artes de La Rochelle."Mme Sylvie Pey de Tueckheim - Courtois". Académie des Jeux Floraux (jeuxfloraux.fr). Tamén foi membro da Sociedade Real de Numismática de Bélxica e membro honorario da Sociedade de Amigos das Coleccións Minerais.
Ao longo da súa carreira acadou como no seu país recoñecemento o seu nomeamento como cabaleiro da Orde Nacional do Mérito, da Orde do Mérito Agrícola, da Orde das Plamas Académicas e da Orde das Artes e das Letras.
Vida persoal Sylvie de Turckheim estivo casada con Hugues de Roquefeuil-Montpeyroux, con quen tivo dúas fillas e un fillo. O 26 de agosto de 1977 casou en segundas nupcias con Derek-Cornélius Pey, de quen tomou a segunda parte do seu apelido.
Publicacións (1997). Le jeton au Moyen Âge: vers 1250-1498. Bibliothèque nationale de France, París. ISBN 9782717720181 (2004). Médailles du Grand Siècle. Histoire métallique de Louis XIV. Bibliothèque nationale de France, París. ISBN 9782717723069 Recesión do libro por Darnis, J-M. en Revue Numismatique. Nº 162. 2006. Páxina 484-485.
Notas
Categoría:Nados en Tours Categoría:Nados en 1936 Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Bibliotecarios Categoría:Personalidades sen imaxes