Masona ou Massona, finado en Mérida cara ó 605, foi bispo da urbe emeritense e metropolitano da provincia de Lusitania durante o período visigodo. É coñecido por gobernar de facto a cidade de Mérida durante o seu episcopado, así como por fundar o primeiro hospital de Hispania.

Traxectoria De orixe goda, iniciouse no arianismo, chegando a ser bispo de Mérida contra 573; porén, en 579 converteuse ó catolicismo, deixando á cidade, daquela en poder do rebelde Hermenexildo, sen liderado ariano.

Ó entrar en Mérida en 582, o rei Leovixildo tentou convencelo de volver á súa antiga fe. Porén, Masona negouse e foi destituído, polo que o bispado pasou a mans de Sunna. Ademais, o monarca nomeou outro bispo para a comunidade católica, un home chamado Nepopis.A única fonte sobre esta figura é a Vitas sanctorum patrum emeretensium, unha haxiografía colectiva que dedica a meirande parte das súas páxinas ó bispado de Masona. As igrexas da cidade, confiscadas polos católicos contra 579, foron devoltas ós arianos. Secasí, unha igrexa disputada foi atribuída por unha comisión real ó bando católico.

Despois, Masona foi chamado á corte de Toledo, onde reiterou a súa negativa a reconverterse. Así mesmo, non entregou a túnica de Eulalia de Mérida, que o rei quería expoñer nunha igrexa da capital toledana, xa que correspondía por dereito ós arianos. Por estes actos foi desterrado, e non puido regresar a Mérida até arredor de 585.

No ano 589, xa baixo o goberno de Recaredo, Masona presidiu o III Concilio de Toledo, no que se decretou a conversión do reino ó catolicismo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 605 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Bispos arianos