Alejandro Fernández Miret, nado en Palma o 6 de outubro de 1987, máis coñecido como Alexelcapo ou EvilAFM, é un youtubeiro e streamer español.

Traxectoria Nado na cidade de Palma (Mallorca, Illas Baleares), cursou estudos de bioloxía na UIB, carreira que abandonou no quinto ano.

Creou a súa canle de YouTube, Alexelcapo, no ano 2006, cando tiña 19 anos, mais non foi ata 2011 que comezou a acadar popularidade polos seus gameplays de Minecraft.

En 2014 comezou a realizar retransmisións en directo a través da plataforma de streaming Twitch. En 2022 acadou a cifra dun millón de seguidores en dita plataforma.

Vida persoal Entre 2013 e 2022 mantivo unha relación coa tamén youtubeira e streamer Chio Uyuni, con quen vivía dende 2015. O 8 de marzo de 2022 fixo público a través da rede social X (nese momento Twitter) que a relación entre ambos rematara.

Notas

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Palma Categoría:Personalidades de Twitch Categoría:Personalidades de YouTube