Deepwater Horizon é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Peter Berg a partir dun guión de Matthew Michael Carnahan e Matthew Sand. Baséase na explosión do Deepwater Horizon e o derramamento de petróleo no golfo de México. Está protagonizado por Mark Wahlberg, Kurt Russell, John Malkovich, Gina Rodriguez, Dylan O'Brien e Kate Hudson. É unha adaptación de "Deepwater Horizon's Final Hours", un artigo publicado o 25 de decembro de 2010 en The New York Times escrito por David Barstow, David Rohde e Stephanie Saul.

Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.

Personaxes

Mark Wahlberg como Mike Williams Gina Rodriguez como Andrea Fleytas Kurt Russell como Jimmy "Mr. Jimmy" Harrell John Malkovich como Donald Vidrine Ethan Suplee como Jason Anderson Kate Hudson como Felicia Williams Dylan O'Brien como Caleb Holloway Jason Kirkpatrick como Dale Burkeen Henry Frost como Shane Roshto Brad Leland como Robert Kaluza Johnathan Angel como Gordon Jones J. D. Evermore como Dewey Revette Jeremy Sande como Adam Weise Jason Pine como Stephen Curtis Trace Adkins como pai de loito nun hotel Joe Chrest como David Sims James DuMont como Patrick O'Bryan Dave Maldonado como Capitán Curt Kuchta Douglas M. Griffin como Alwin Landry Juston Street como Anthony Gervasio

Notas

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes ambientados en 2010 Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego