"Less Than" é unha canción da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, presente no seu EP Add Violence (2017). Foi lanzada o 13 de xullo de 2017, converténdose no primeiro sinxelo da banda dende "Everything", publicado en agosto de 2013. O vídeo musical da canción alude a Polybius, unha lenda urbana sobre un videoxogo arcade perigoso e adictivo que supostamente era usado por axentes clandestinos do goberno para obter información dos xogadores. Alcanzou o posto número 10 na lista Billboard US Mainstream Rock Songs.

Notas

Categoría:Cancións de Nine Inch Nails Categoría:Sinxelos de 2017