Alberto Varela Ferreiro, nado en Carballo en 1963, é un deseñador gráfico e ilustrador galego.
Traxectoria
Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño. Estudos de posgrao: Mestrado en Museoloxía, Crítica e Arte Contemporánea en 2010 e Mestrado en Métodos e Técnicas Avanzadas de Investigación Histórica, Artística e Xeográfica en 2012.
Traballa como deseñador gráfico, participa en exposicións e realiza traballos de fotografía dixital e vídeo.
Xa na súa etapa universitaria participou en fanzines e revistas: Fogar (1978-80), A Nosa Terra (1980 -82) A Ameixa Cacofónica (1982-84), Can Sen Dono (1982), Taka de Tinta (1982-85), Gaudeamus (1984), TBO (1986), Trilateral (1986), Consumidores (1990), Bravú (1998), H2Oil (2002), Demográfica 1.0. En Golfiño (Xerais 2000-2001), publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson.
Obras
Banda deseñada Historia dunha Lata (2006). Barcelona: Planeta-Oxford. ISBN 9788498110746. Misterio na selva de Ngorongón (2009). Vigo: Editorial Galaxia, col. Árbore. ISBN 978-84-9865-201-7. 1809 A Rebelion Neria (2010). A Coruña: Asociacion Cultural Neria-Deputación. Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia (2018). Vigo: Edicións Xerais, col. Cómic. ISBN 978-84-9121-423-6. Wolfram (2020). Vigo: Edicións Xerais, col. Cómic. ISBN 978-84-9121-687-2. Espías, nazis e maquis. Plus Ultra. Transición ao futuro (2022). Vigo: Edicións Xerais, col. Cómic-novela gráfica. ISBN 978-84-1110-175-2. ePub: ISBN 978-84-1110-182-0. Xeixas Johnson en O dragón anoado (2026). Vigo: Edicións Xerais, col. Cómic. 120 páxs. ISBN 978-84-1110-773-0. ePub: ISBN 978-84-1110-788-4.
Autor ilustrador da serie infantil Anamarciana Anamarciana (2000). Vigo: Edicións Xerais, col. Merlín. ISBN 978-8483025215. Anamarciana. Vacacións en Europa (2003). Vigo: Edicións Xerais, col. Merlín. ISBN 9788483029640. Anamarciana no Planeta Vermello (2005). Vigo: Edicións Xerais, col. Merlín. ISBN 9788497822794.
Serie Merliño Brrumm-Brrumm (Un conto con rodas) (2004). Vigo: Edicións Xerais, col. Merliño. ISBN 84-9782-200-5. ¡Lume! (2007). Vigo: Edicións Xerais, col. Merliño. ISBN 978-84-9782-562-7. Dona Landra no Río Revolto (2009). Vigo: Edicións Xerais, col. Merliño. ISBN 978-8497829793.
Ilustrador
Tres nenos nas alturas, de Carmiña B. Leira. (1993). Santiago: Editorial Sotelo Blanco. As botas de Zapeto, de Xosé Lois Ripalda (1995).Santiago: Editorial Sotelo Blanco. Desembarco Bablix, de Milagros Oya (1996). Santiago: Editorial Sotelo Blanco. Don Klaus de viaxe pola Chaira Lugo: Ophiusa Follas de Carballo (2011). Carballo: Asociación Cultural Lumieira.
Exposicións
2006-2007: "O BOSQUE NON DEIXA VER AS ARBORES. Unha ollada á paisaxe galega". Exposición de Pintura no Museo de Bergantiños. Centro Cultural “O Ensanche”, Santiago de Compostela
Colectivas
1985: "Black and White". Barcelona, León, Zaragoza, Braunschweig (Alemaña). 1985: "Profesionales" do Salón do Cómic de Barcelona (Catálogo). 1986: Barcelona Sud. Barcelona. 1987: "Love in XXI Century", Berlín, Alemaña (Catálogo). 1991:"O Cómic e o Séptimo Arte". A Coruña (Catálogo). 1993: "O Cómic en Galicia" (Catálogo). 1995: "From Galicia with Humor", Philadelphia, U.S.A. (Catálogo). 1997: "V Bienal Unión-Fenosa." A Coruña (Catálogo). 1997: “Galicia Terra Única”. Galicia. 1997: "As Cores Do Vento", Galicia (Catálogo). 1999: "VII New York Digital Salon" (Catálogo) N.Y. Madrid, Valladolid, Málaga. 2000-2001: "VIII New York Digital Salon", en New York, Madrid, Valladolid, Xixón (Catálogo). 2001: "Transversais, Visións Fronteirizas da fotografía en Galicia".CGAI-Fundación Laxeiro. Vigo. 2002: Revista Golfiño. Salón Viñetas Desde o Atlántico. A Coruña. 2004: "Salón de Otoño de Pintura". Deputación da Coruña. 2005: “O lado da sombra”. Fundación Luis Seoane, A Coruña (catálogo). 2008: “O Comic en Galicia”. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (catálogo). 2010: “Santiago, cidade ilustrada”, Fundación Torrente Ballester, Santiago de Compostela.
Premios
1979: 1.ºPremio Concurso Carteis "Dia das Letras Galegas", Asociación Cultural ANG. A Coruña. 1983: Premio Continuará, concurso homenaxe a Hergè Facultade Belas Artes, Universidade de Barcelona. 1984: 1.º premio. Concurso de Cómic dla Universidade Politécnica de Catalunya e accésit no I Concurso de Cómic Programa Tablón de Anuncios TVE. 1985: Finalista do 1.ºConcurso de Diseño Textil Levi's S.A. 1985: Finalista do Concurso de Diseño de Moda da revista YModa de Barcelona. 1984: 1.º premio Curuxa do Museo do Humor de Fene. 1987: Finalista Concurso carteis Biennal 87 ADG-FAD Barcelona. 1987: 1.º premio Concurso de Cómic Ajuntament d´Amposta, Tarragona. 1988: 1.º premio Concurso Deseño Cartel San Xoan, Carballo. 1988: 1.º premio Concurso deseño logotipo para o Concello de Malpica. 1990: 1.º premio Concurso Carteis XII Semana Internacional de Cinema de Autor de Lugo. 1990-1991-2000: 1.ºpremio Concurso Carteis San Froilán, Lugo. 2002: Premio de Literatura Infantil e Xuvenil “Lecturas, polo libro ”Anamarciana“. Edicións Xerais. Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Santiago de Compostela. 2019: Finalista Gala do Libro Galego, por Ulf de Jakobsland. Os Viquingos en Galicia.
Notas
Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1963 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes