"Sirens" é unha canción da banda de rock estadounidense Pearl Jam. Foi lanzada o 18 de setembro de 2013 como descarga dixital como o segundo sinxelo do seu décimo álbum de estudio Lightning Bolt. Na súa primeira semana de lanzamento o sinxelo vendeu 13 000 descargas nos Estados Unidos. O guitarrista Mike McCready dixo que a canción se inspirou na xira The Wall Live Tour de Roger Waters, cando despois de asistir a un concerto en 2011, "quería escribir algo que tivese un aire ao estilo de Pink Floyd". A letra do cantante Eddie Vedder trata das súas preocupacións sobre a mortalidade e o que lle depara o futuro á próxima xeración.
Notas
Categoría:Cancións de Pearl Jam Categoría:Sinxelos de 2013