miniatura|300px|dereita|A reurbanización de rúas que inclúen beirarrúas arboradas con mobiliario amable, fontes públicas de auga potable, vías ciclistas segregadas, lineais e interconectados e espazos exclusivos para o transporte público son unha concreción do dereito á mobilidade en ámbitos urbanos. O dereito á mobilidade é un dereito que garante a todas as persoas a posibilidade de desprazarse libremente, de maneira segura, accesible e sostible, para satisfacer as súas necesidades básicas e exercer outros dereitos fundamentais, como o traballo, a educación, a saúde, o lecer ou a participación social.
Este dereito inclúe todas as formas de desprazamento baixo condicións de equidade e calidade, como camiñar, usar a bicicleta ou o acceso ao transporte público, e non só o uso de medios de transporte motorizados privados. Implica a obriga do Estado de deseñar infraestruturas e xestionar sistemas de mobilidade que prioricen as persoas sobre os vehículos.
Principios miniatura|300px|dereita|O desenvolvemento de redes de transporte público que cubran todo o territorio é unha concreción do dereito á mobilidade en ámbitos interurbanos.
O dereito á mobilidade fundaméntase en diversos principios: Accesibilidade universal, garantindo o acceso á mobilidade ás persoas con discapacidade, nenos ou persoas maiores. Seguridade viaria, orientada á prevención de accidentes e á protección da vida. Equidade, asegurando condicións xustas para todos os usuarios do espazo público. Sustentabilidade, promovendo medios de transporte con baixo impacto ambiental. Saúde, favorecendo a mobilidade activa e medios de transporte non contaminantes. Eficiencia, para reducir tempos e custos de desprazamento, así como menores requirimentos de espazo público.
Notas
Véxase tamén Intermodalidade
Categoría:Dereito Categoría:Transporte Categoría:Urbanismo