O intercambiador de sodio/potasio/calcio 5 (NCKX5), tamén chamado membro 5 da familia de transportadores de soluto 24 (do inglés solute carrier family 24 member 5, SLC24A5), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene SLC24A5 do cromosoma 15 que ten unha grande influencia sobre a variación da cor natural da pel. A proteína NCKX5 é un membro da familia do intercambiador de sodio/calcio dependente de potasio. As variacións da secuencia do xene SLC24A5, concretamente un SNP non sinónimo que cambia o aminoácido na posición 111 na NCKX5 de alanina a treonina, foi asociado con diferentes pigmentacións da pel.

O alelo con treonina derivado do xene SLC24A5 ou alelo Ala111Thr (rs1426654Reference SNP(refSNP) Cluster Report: rs1426654 **clinically associated**. Ncbi.nlm.nih.gov (2008-12-30). Consultado o 2011-02-27.) é un importante factor no ton de pel clara dos europeos comparados cos grupos étnicos africanos subsaharianos, e crese que representa ata o 25–40 % das diferenzas en ton de pel medio entre europeos e africanos occidentais. Posiblemente orixinado hai 19.000 anos, estivo suxeito á selección nos devanceiros dos europeos nos últimos 5.000 anos, e está fixado nas poboacións modernas europeas. Foi introducido no pobo khoisa pola migración de "regreso a África" hai arredor de 2.000 anos e é parcialmente responsable do seu diferente ton de pel respecto á maioría das demais poboacións africanas, que son máis escuras.

Xene miniatura|En humanos o xene SLC24A5 está localizado no brazo longo (q) do cromosoma 15 na posición 21.1. O xene SLC24A5 en humanos está localizado no brazo longo (q) do cromosoma 15 na poición 21.1, desde o par de bases 46.200.461 ao 46.221.881.

Proteína A proteína NCKX5 ten 43 kDa e está parcialmente localizada na rede trans-Golgi en melanocitos. A eliminación da proteína NCKX5 distorsiona a melanoxénese nos melanocitos humanos e de rato, causando unha redución significativa na produción de pigmentos de melanina. A mutaxénese dirixida a sitio correspondente a un polimorfismo dun único nucleótido non sinónimo en SLC24A5 altera un residuo en NCKX5 (A111T) que é importante para a actividade do intercambiador de sodio-calcio NCKX5.

Efecto sobre a cor da pel 500px|miniatura|Distribución de frecuencias globais do alelo ancestral Ala111 do xene SLC24A5 (amarelo) e o seu alelo derivado Ala111Thr (azul). Parece ser que o SLC24A5 xogou un papel clave na evolución da pel clara nas persoas de ascendencia europea. A función do xene na pigmentación decubriuse no peixe cebra como resultado da clonación posicional do xene responsable da variedade "golden" (dourada) deste peixe común en acuarios. As evidencias na base de datos do International HapMap Project de variacións xenéticas en poboacións humanas mostrou que os europeos, representados pola poboación "CEU", tivo dous alelos primarios que difiren en só un nucleótido, cambiando o aminoácido 111 de alanina a treonina, abreviado como "A111T". miniatura|325x325px|Orixes do SLC24A5 e SLC45A2 baseándose na arqueoxenética. Variantes derivadas suponse que viñeron do Cáucaso hai 28.000 anos.

O alelo de treonina derivado (Ala111Thr; tamén coñecido como A111T ou Thr111) representaba do 98,7 ao 100 % dos alelos en mostras europeas, mentres que a forma ancestral con alanina atopouse no 93 ao 100 % das mostras de africanos subsaharianos, asiáticos orientais e indíxenas americanos. A variación é un polimorfismo SNP rs1426654, que previamente se determinara que era o segundo entre os 3011 SNPs tabulados e ordenados como marcadores informativos de ascendencia. Este simple cambio en SLC24A5 explica entre o 25 e o 38 % das diferenzas no índice de melanina da pel entre persoas de ascendencia africana subsahariana e europea.

O SNP rs2470102 afecta independentemente a variación na pigmentación da pel nas poboacións do sur de Asia.

Ademais, a mutación europea etá asociada cunha rexión máis grande de diminución da variación xenética na poboación CEU de HapMap, o que suxire a posibilidade de que a mutación A111T puido estar sometida o grao máis grande único de selección en poboacións humanas de ascendencia europea. Hipotetízase que a selección do alelo derivado está baseada na necesidade de luz solar para producir o compoñente esencial vitamina D. Nas latitudes do norte, onde fai menos sol, cómpre cubrirse máis o corpo con abrigos para protexerse do frío, e frecuentemente as dietas son pobres en vitamina D, as peles claras eran máis axeitadas para sobrevivir.

A mostra coñecida máis temperá do alelo con treonina é de hai 13.000 anos procedente da Cova de Satsurblia en Xeorxia. O alelo etaba espallado desde Anatolia a Ucraína e Irán ao principio do Neolítico.Mathieson I, Lazaridis I, Rohland N, Mallick S, Patterson N, Roodenberg SA, et al. (2015-10-10). "Eight thousand years of natural selection in Europe". bioRxiv 10.1101/016477.

Este alelo forma parte do sistema de tests de ADN HIrisplex usado para estimar a pigmenación en investigacións forenses.

Notas

Outros artigos Cor da pel SLC45A2 SLC25A7 Ollo de tigre (xene)

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Familia dos transportadores de soluto