"Endless, Nameless" é unha canción da banda de rock estadounidense Nirvana, escrita polo vocalista e guitarrista Kurt Cobain.Endless, Nameless (sinxelo de 7"). Nirvana. 2021 É a décimo terceira e última canción do segundo álbum de estudio da banda, Nevermind, publicado en setembro de 1991.

Esta canción foi lanzada como unha pista oculta, comezando aproximadamente 10 minutos despois do final do último tema listado do álbum, "Something in the Way", e ocupando a mesma pista. Foi acreditada por primeira vez polo seu nome cando foi reeditada como cara B no segundo sinxelo do disco, "Come As You Are", en marzo de 1992.

O 12 de novembro de 2021 "Endless, Nameless" foi lanzado como un sinxelo de 7 polgadas incluído na reedición do 30 aniversario de Nevermind.

Notas

Categoría:Cancións de Nirvana Categoría:Sinxelos de 2021