Manuel Eusebio Ramírez Carvajal, nado na Coruña o 6 de marzo de 1826 e finado no mesmo lugar o 9 de xaneiro de 1897, foi un comerciante, impresor, director de prensa, empresario e promotor galego.
Traxectoria Viviu en Filipinas, onde o seu pai Manuel Eusebio Ramírez Calvete exercía como tipógrafo (asociado a Baltasar Giraudier na Imprenta y Litografía de Ramírez y Giraudier). Desenvolveu actividade comercial na China, India e Asia Central, e posteriormente gandeira na provincia de Nueva Écija, chegando ao ser un dos máis importantes do arquipélago. Rexentou a imprenta paterna de 1888 a 1893, co nome Ramírez y Compañía. Foi director do Diario de Manila,, gobernador xeral da provincia de Nueva Écija e alcalde de Manila.
Volveu á Coruña no 1862, implicándose na actividade social e cultural, así como na vida económica e política. Membro do Liceo Brigantino e presidente do Círculo de Artesáns, deputado provincial polo distrito de Carballo e Moeche (polo Partido Liberal-Conservador), durante seis anos fíxose co arrendo do cobro dos dereitos de consumos do concello de A Coruña e foi membro de numerosos organismos locais e provinciais. Promoveu a construción da casa con galerías á avenida da Mariña do número 25-27 da rúa Rego de Auga, encargándolla ao mestre de obras Gabriel Vitini Alonso.
Tralo falecemento da súa dona Amalia no 1876, escribiu a obra poética Ecos dolientes, prologado por Emilia Pardo Bazán, amiga da familia.
Vida persoal Casou en Manila con Amalia Rodríguez de Trujillo y Peña en 1858, e foi pai do alcalde da Coruña Manuel Ramírez Rodríguez Trujillo.
Tio-bisavó segundo de Alexandre de Fisterra.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1826 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Galegos de Filipinas