miniatura|268x268px|Árbore xenealóxica de Anselmo Freire creada empregando a notación de Ahnentafel, unha antiga forma de graficar xenealoxías. Un pedigree (derivado do francés pied de grue) é un documento que analiza as relacións xenealóxicas dun ser vivo no contexto de determinar como unha certa característica ou fenotipo se herda e manifesta.

Nun sentido máis coloquial, o termo pedigree refírese ao documento emitido por algúns organismos de acreditación que certifican a pertenza dun animal doméstico a unha determinada raza.

O estudo do pedigree é un concepto empregado dende tempos remotos como método de selección e garantía de pureza de raza na crianza de certas especies domésticas. Porén, dende comezos do século XX o termo tamén se aplica a calquera organismo cuxa xenealoxía poida ser estudada. Un estudo xenealóxico ou pedigree constitúe unha ferramenta de enorme valor nas ciencias biolóxicas xa sexan puras ou aplicadas. Entre estas últimas destacan a medicina e a enxeñaría xenética.

A palabra procede da expresión «pied de grue», «pata de grúa», coa que os franceses se referían ás marcas rectas con forma de pata de grúa que os primeiros criadores ingleses de cabalos utilizaban a modo de árbore xenealóxica para seleccionalos. A pronuncia inglesa de «pied de grue» acabou converténdoa en «pedigree».

Notas

Categoría:Xenealoxía