Denomínase Tesouro dos Quimbayas a un conxunto de obxectos de ouro e tumbaga que forma parte do enxoval de dúas tumbas desta cultura precolombiana. A súa importancia radica non soamente no número de pezas que integran o conxunto, senón na súa excepcional calidade artística e técnica, o que as converte en auténticas obras mestras da arte precolombiana.

Unha quinta parte do tesouro dos quimbayas foi regalado, no século XIX, en 1891, o ano do seu descubrimento, polo daquela presidente colombiano, Carlos Holguín Mallarino á raíña María Cristina de Habsburgo-Lorena.Tejeda, Armando G. (2024). Colombia reclama a España devolución del Tesoro de los quimbayas. La Jornada, 16 de maio, suplemento La Jornada de Enmedio, p. 3a, sección Cultura. (consultado o xoves, 16 de maio de 2024.)www.corteconstitucional.gov.coprojusticiaydesarrollo.com En maio do 2024, o goberno de Colombia reclamou formalmente a España a devolución do tesouro dos quimbayas, que se exhibe no Museo de América de Madrid. As outras catro quintas partes estímase que foron vendidas a particulares ou fundidas.

Espolio de tesouros en Colombia esquerda|miniatura|240x240px|Tocado para a cabeza, Tesouro dos Quimbayas. Ademais da mina de ouro e de aluvión, en Colombia, o ouro extraíase das tumbas prehispánicas e era denominado “ouro de huaca”. Durante o século XIX desenvólvese esta importante industria extractiva, recoñecida no Código de Minas colombiano até o ano 1941. Durante décadas o espolio de tesouros foi unha profesión da que vivían un número considerable de familias, e estaba social e legalmente aceptada. A Lei do 13 de xuño de 1833 sobre “achados de tesouros” decretaba que “o ouro e a prata e pedras preciosas que se atopen nas sepulturas, templos, adoratorios e huacas dos indios corresponden integramente ao inventor ou inventores” é dicir, aos descubridores, polo que a propia lei favorecía o espolio e conferíalle un marco legal. Ao non existir unha lei proteccionista sobre estes bens arqueolóxicos, dependía do propio espoliador, do intermediario ou do comprador final, o que estes obxectos terminasen ou non fundidos en lingotes, que lamentablemente adoitaba ser o destino máis habitual. Milleiros de quilos de ouro labrado ou traballado polos artífices precolombianos terminaron desta forma fundidos e perdidos para sempre por causa desta “febre do ouro” que non só se deu durante a época colonial, senón de forma especialmente intensa no último cuarto do século XIX. Porén, algúns outros conxuntos de obxectos de ouro quimbayas, menos numerosos que o Tesouro, pero tamén formados por tipoloxías semellantes como poporos antropomorfos, cascos e outros obxectos, foron adquiridos dende o último cuarto do XIX por diferentes museos europeos e coleccionistas particulares.

Así, é neste contexto de expansión mineira, de colonización e de “empresas” dedicadas ao espolio do patrimonio arqueolóxico co recoñecemento da legalidade destas tarefas, no que se produce o descubrimento do “Tesouro dos Quimbayas”.

Será a Lei 48 de 1918, case 30 anos despois do achado, a que declare os obxectos precolombianos como pertencentes á historia patria e prohiba a súa destrución e libre destino sen permiso do Ministerio de Instrución Pública.Lei 48 de 1918 (novembro de 20) , Ministerio de Xustiza da República de Colombia, Sistema Único de Información Normativa. Pero haberá que esperar dous anos máis, á Lei 47 de 1920, para que se aprobe unha nova lei que prohiba a súa saída do país sen autorización.Lei 47 de 1920 (outubro 30) , Ministerio de Xustiza da República de Colombia, Sistema Único de Información Normativa.

Historia do tesouro Descubrimento miniatura|Culturas precolombianas do suroeste colombiano. A cultura Quimbaya é o número 1. O achado dos obxectos que formaban parte destes enterramentos tivo lugar no ano 1890 no sitio de Soledad, preto de Filandia (daquela un correxemento de Cartago), por un grupo de espoliadores de tumbas. Aínda que as tumbas indíxenas deste sitio de “Soledad” xa eran coñecidas polas súas riquezas, o achado deste conxunto en particular –cualificado posteriormente como “Tesouro dos Quimbayas”– sen dúbida desbordou as expectativas dos espoliadores, comerciantes e coleccionistas daquel tempo. As noticias que se sucederon na prensa dende o momento da escavación do tesouro pon de manifesto o asombro e a admiración que provocou. A calidade deste conxunto é tan espectacular, que se pode considerar como o principal tesouro americano até o descubrimento da tumba do señor de Sipán, no Perú.

Chegada a España No ano 1892 tivo lugar a conmemoración do IV Centenario do Descubrimento de América en Madrid. Un dos principais actos que se organizaron foi a Exposición Histórico Americana na que Colombia considerou que era o momento oportuno para exhibir, xunto con outros materiais, o recentemente achado tesouro quimbaya. O Tesouro fora adquirido polo Goberno Colombiano aos intermediarios que á súa vez o compraron aos espoliadores que o atoparon. A compra realizouse o 20 de agosto de 1891 mediante un “Contrato de compra dunha colección de obxectos de ouro” entre o Goberno e Fabio Lozano Torrijos de Ibagué pola suma de 70.000 pesos, no que se especifica o número total de obxectos (433) que compra o Goberno.

A colección embarcouse o 2 de xullo de 1892 en Barranquilla, transbordando na Habana o 30 de xullo.El Tesoro Quimbaya y España, historia de un periplo y un regalo, La Crónica del Quindío (5 de marzo de 2018) A chegada a España das pezas de ouro —e da cerámica e doutros obxectos da delegación de Colombia— realizouse o 10 de agosto no vapor México da Compañía Transatlántica Española de Barcelona.El Tesoro Quimbaya y la celebración del cuarto centenario, La Crónica del Quindío (26 de marzo de 2018) A intención do daquela presidente da República, Carlos Holguín, contando co respaldo político, foi a de doar este fabuloso tesouro á raíña gobernadora de España, María Cristina de Habsburgo, en agradecemento á presidencia que, en 1891, esta exercera no Laudo Arbitral dun conflito de fronteiras entre Colombia e Venezuela, que se resolveu a prol do primeiro.Corte decide destino de un tesoro colombiano, 20Minutos (28 de enero de 2016).El Gobierno colombiano rechaza pedir a España el tesoro de los quimbaya, Diario "El País" (28 de xaneiro de 2016).

O 4 de maio de 1893 a legación da República de Colombia en España, presidida polo seu embaixador Julio Betancourt, fixo a entrega oficial á raíña rexente do conxunto, que pasou a denominarse “Tesouro dos Quimbayas”. A raíña, á súa vez, entregou o Tesouro ás coleccións do patrimonio histórico do estado español, formando parte dende o primeiro momento do Museo Arqueolóxico Nacional, onde se expón para o seu goce público, até a guerra civil española, momento en que o Tesouro, xunto con outros bens excepcionais integrantes do Patrimonio Histórico Español, viaxan a Suíza para a súa protección. O Tesouro acompañou a moitos dos cadros do Museo do Prado que forman parte do Patrimonio Español, o que é un recoñecemento da excepcionalidade que se lle atribuíu dende o primeiro momento. miniatura|220x220px|Sala con obxectos da cultura Quimbaya, Museo de América, Madrid. O Museo de América créase o 19 de abril de 1941, incluíndo todos os bens americanos e procedentes de expedicións científicas que integraban o Museo Arqueolóxico Nacional. Como o novo Museo aínda non contaba con sede propia, o Tesouro seguiu expóndose no Museo Arqueolóxico xunto co resto das coleccións americanas, dentro da área especificamente recoñecida como Museo de América. O novo edificio empezouse a construír uns anos despois na súa actual localización na Cidade Universitaria. E nesta nova sede exponse o Tesouro dende 1965 até xullo de 1978 en que, por motivos de seguridade, retíranse as pezas orixinais para levalas primeiro ao Banco de España e, posteriormente, á cámara acoirazada do Museo Arqueolóxico. No seu lugar, o Museo expuxo durante este tempo, e até 1984, unha réplica do tesouro.

Coa reapertura do Museo de América tras dez anos de renovación, en 1994, o “Tesouro dos Quimbayas” regresa a esta sede e dende entón está exposta na sala dedicada ao mundo funerario, dentro do percorrido da exposición permanente.

Reclamación a España da devolución O goberno de Colombia reclamou a España a devolución do tesouro. O conxunto foi comprado, no século XIX, en 1891, o ano do seu descubrimento, polo goberno colombiano, presidido entón por Carlos Holguín Mallarino.www.cirteconstitucional.gov.co O presidente Carlos Holguín regalou a Colección Filandia á raíña rexente de España por medio dunha decisión de Estado, tomada en Consello de Ministros e por proposta do subsecretario de Relacións Exteriores, Marco Fidel Suárez, para compensar a España por dirimir, co seu laudo arbitral, a definición dos límites territoriais de Colombia nas zonas da Guajira, San Faustino de los Ríos e o río Orinoco. Baixo o criterio diplomático de facer o pago desta conta “con decoro e cortesía”, comprouse a Colección co exclusivo fin de saldar esa conta, mentres se convocaba ao Goberno de Venezuela a facer o mesmo con outro obsequio.La Colección Filandia y la posición de la Academia Colombiana de Historia, Boletín de Historia y Antigüedades número 877. El Museo de América se ha hecho eco de este escrito: enlace.

O 4 de maio de 1893 a legación da República de Colombia en España, presidida polo seu embaixador Julio Betancourt, fixo a entrega oficial á raíña rexente do conxunto. Hai que ter presente que, para esta data, xa facía nove meses que a administración presidida por Carlos Holguín concluíra. Isto significa que foi a administración de Miguel Antonio Caro a que realmente puxo nas mans da raíña rexente de España, María Cristina, nai do mozo Alfonso XIII, a colección Filandia. Resulta entón que nesta entrega estiveron comprometidos dous presidentes de Colombia, Carlos Holguín Mallarino e Miguel Antonio Caro, pero tamén quen exerceron a función de ministros de Relacións Exteriores nas administracións Holguín e Caro: Vicente Restrepo, Marco Fidel Suárez e o xeneral Jorge Holguín. Estes dous últimos tamén foron presidentes da República de Colombia. Catro presidentes de Colombia estiveron comprometidos coa doazón da colección Filandia á raíña rexente de España, viúva do rei Afonso XII. Legalmente, foi unha decisión de Estado, tomada en Consello de Ministros.

A Academia Colombiana da Historia publicou en 2023 un artigo no que se opón abertamente á solicitude de restitución e propón cambiar a denominación por "Colección Filandia". O 9 de maio de 2024, os Ministros de Cultura Correa e de Relacións Exteriores colombianos presentaron por escrito ao goberno español unha “Proposta para o retorno da Colección Quimbaya a Colombia”. A restitución destas pezas foi abordada en varias ocasións no Congreso dos Deputados español, con varios grupos políticos expondo cuestións ao goberno sobre este tema e manifestando opinións opostas respecto do retorno.

O conxunto orixinal esquerda|miniatura|240x240px|Figura antropomorfa, tesouro dos Quimbayas. O Museo de América custodia as pezas (e conxuntos de pezas, pois algunhas, están integradas por diversos obxectos, como os colares compostos por distinto número de contas) que se entregaron como agasallo á raíña María Cristina no século . No entanto, o achado orixinal, como evidencian todos os documentos da época, foi moi superior e incluía non só outros obxectos de ouro e tumbaga, senón tamén cerámica, obxectos de pedra e mesmo téxtiles/téxtís.

O Museo de América hoxe expón e conserva o mesmo número de pezas que foi entregado en doazón en 1893 que se corresponden con 136 números de inventario.