Benedicto Folia Arias, nado en Freixido de Arriba (Larouco) o 12 de decembro de 1914, e finado no campo de concentración de Gusen o 13 de outubro de 1942, foi un exiliado galego deportado aos campos de concentración nazis.

Traxectoria Cando estalou a guerra civil en xullo de 1936 Benedicto estaba na sega en Castela, xunto ao seu irmán Luís. Cara o final do conflito o seu irmán foi ferido e hospitalizado en Madrid, mentres que Benedicto puido escapar a Francia. Seguramente estivo encerrado nun dos campos de refuxiados franceses.

Capturado pola Gestapo, estivo recluído no Stalag XII D de Tréveris. Arribou a Mauthausen a madrugada do 25 de xaneiro de 1941. Nesa mesma viaxe tivo como compañeiro a outro paisano de Freixido de Arriba, Antonio Dieguez Blanco. Asignóuselle o número de deportado 4635, tendo como profesión a de mineiro.

Transferido a Gusen o 29 de marzo de 1941, faleceu o 13 de outubro de 1942. Segundo o parte oficial a causa da morte foi un enfisema pulmonar, sendo incinerado tres días despois.

Un sobrevivente do holocausto, Enrique Doval, contou nunha entrevista con Xosé Ramón Gayoso no programa Corazonada en 1989, da TVG, o que lle ocorreu a Benedicto: "A expresión de Benedicto era moi triste (debido á extenuación dun traballo inhumano e a fame extrema), e anticipando o seu final, tivo o xesto de bondade e amizade de regalarme o reloxo, para que o utilizase en beneficio propio, para conseguir un anaco de pan ou unha mellor liteira no barracón". Segundo Enrique, Benedicto tirouse contra as aramadas electrificadas.

Notas miniatura|Aviso de deceso de Benedicto Folia Arias.

Véxase tamén

Bibliografía

Amat-Piniella, Joaquim (2014). K. L. Reich. Barcelona: Libros del Asteroide. Bermejo, Benito; Checa, Sandra (2006). Libro memorial: españoles deportados a los campos nazis (1940-1945). Madrid: Ministerio de Cultura. Federación Nacional de Deportados e Internados Resistentes y Patriotas (1969). Deportación. El horror de los campos de concentración. Barcelona. Editorial Petronio. Hernández de Miguel, Carlos (2015). Los últimos españoles de Mauthausen. La historia de nuestros deportados, sus verdugos y sus cómplices. Barcelona. Ediciones B. VV. AA. (2004). Livre-mémorial des déportés de France arrêtés par mesure de répression et dans certains cas per mesure de persécution 1940-1945. París: Éditions Tirésies.

Categoría:Nados en Larouco Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis