O Partido Socialdemócrata (en estoniano: Sotsiaaldemokraatlik Erakond; abreviado, SDE) é un partido político estoniano de centro-esquerda, fundado o 8 de setembro de 1990. O partido coñecíase anteriormente como Partido Popular Moderado (en estoniano: Rahvaerakond Mõõdukad). En novembro dese mesmo ano, 1990, foi admitido na Internacional Socialista, á que pertenceu até 2017. Dende 2003, pertence ao Partido dos Socialistas Europeos (PSE).
Está orientado aos principios da socialdemocracia, e apoiou a adhesión de Estonia á Unión Europea. Está comprometido co modelo de economía social de mercado, ademais dos valores socialdemócratas convencionais, como a igualdade, a xustiza social, a solidariedade e o estado de benestar.
Dende abril de 2023 ata marzo de 2025, o partido foi un socio menor da coalición no terceiro goberno de Kallas e no goberno de Michal.
Historia
Durante a era da perestroika, o Partido Socialdemócrata Estoniano (Eesti Sotsiaaldemokraatlik Partei, ESDP) formouse coa fusión dos movementos socialdemócratas de Estonia en 1990. Os movementos foron: o Partido Laborista Democrático Estoniano, o Partido da Independencia Socialdemócrata Estoniano, o Partido Socialdemócrata Ruso de Estonia e a Asociación Estranxeira do Partido Socialista Estoniano (sucesora do Partido Obreiro Socialista Estoniano no exilio). O primeiro líder da ESDP foi Marju Lauristin.Oskolkov (2020), p. 6 Restauraron os seus contactos coa Internacional Socialista en 1990.
Moderados O ESDP formou unha alianza electoral co agrario Partido do Centro Rural Estoniano (formado en 1990) para as eleccións de 1992 e 1995. En 1996, tras a derrota electoral, estes dous partidos finalmente fusionáronse e chamáronse a si mesmos Moderados (Mõõdukad). No 1998, comezaronos contactos dos Moderados cos predecesores do Partido Popular.e ese mesmo ano, 1998, os Moderados fusionáronse co Partido Popular, un partido de centro-dereita creado en maio de 1998 trala fusión do Partido Campesiño e o Partido Popular de Republicanos e Conservadores (un grupo escindito da Alianza da Patria en 1994), creando o Partido Popular Moderado (Rahvaerakond Mõõdukad).Docherty & Lamb (2006) En novembro do mesmo ano, a unificación foi aprobada formalmente pola asemblea xeral do partido e o novo partido, xurdido da fusión entre un partido socialdemócrata e un partido de centro-dereita, o Partido Popular Moderado, pasou a ser descrito como "socialista de dereitas". Os dous partidos tiñan unha lista conxunta nas eleccións parlamentarias de 1999 e formaron unha coalición coa Unión Pro-Patria e o Partido Reformista.
En setembro de 1999, os Moderados foron aceptados como membros de pleno dereito da Internacional Socialista no seu 20º congreso en setembro de 1999. En 2003, o Partido Popular Moderado afiliouse ao Partido dos Socialistas Europeos.
Cambio de nome e evolución política miniatura|262x262px|Andres Tarand, primeiro ministro de Estonia (1994-1995). Dirixente de 1996 a 2001.|esquerdaTras uns resultados electorais decepcionantes en 2003, adoptou o seu nome actual o 7 de febreiro de 2004, definíndose como adherido á socialdemocraciaAlmeida (2012) e favorable ao europeísmo. Nesas eleccións, o SDE obtivera só un 4,9 % dos votos e a Unión Popular un 3,4 %, ambos por debaixo do limiar electoral do 5 %. En Estonia, as listas locais da SDE obtiveron o 6,43 % dos votos. En 2003, só obtiveron o 4,39 % dos votos a nivel nacional.
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2004, foi o partido máis exitoso nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2004, obtendo o 36,8 % dos votos nacionais (a maioría dos cales foron para o seu candidato principal, Toomas Hendrik Ilves) e conseguindo tres eurodeputados.
O 10 de maio de 2005, os antigos socioliberais Peeter Kreitzberg e Sven Mikser uníronse ao SDE; e o 28 de novembro, tamén se uniu outro antigo socialliberal, Mark Soosaar. Aínda que o partido estivo na oposición desde 2002, participaron nas conversas para acadar un candidato presidencial alternativo común a Arnold Rüütel. Así, o 23 de setembro de 2006, Toomas Hendrik Ilves, do SDE, foi elixido como o presidente de Estonia, recibindo o apoio, ademais dos socialdemócratas, do Partido Reformista de Estonia, a Unión Pro Patria e os deputados da Res Publica.
O obxectivo do SDE nas eleccións parlamentarias estonianas de 2007 era gañar polo menos 17 escanos de 101. A membro independente do actual Riigikogu, Liina Tõnisson, presentouse como candidata na súa lista. e tamén tódolos eurodeputados do SDE e os seus deputados foron candidatos. O partido obtivo 58.354 votos (o 10,6 % do total), cun aumento do 3,6 %; gañou 10 escanos no novo Riigikogu, un aumento de catro; e, en abril de 2007, os socialdemócratas formaron parte do goberno de coalición liderado polo Partido Reformista Estoniano.
Nas eleccións parlamentarias de 2011, o 6 de marzo de 2011, o SDE obtivo o 17,1 % dos votos e 19 escanos. O ano seguinte, o 2012, o pequeno Partido Ruso de Estonia fusionouse co SDE.
No 2014, trala dimisión do primeiro ministro Andrus Ansip, o 26 de marzo, formouse un novo goberno con Taavi Rõivas, do Partido Reformista, como primeiro ministro e o SDE, como membro da coalición gobernante.
Nas eleccións europeas de 2014, celebradas o 25 de maio de 2014, o SDE obtivo o 13,6 % dos votos nacionais, elixindo un único membro do Parlamento Europeo. esquerda|miniatura|Simolo do partido ate 2016 Nas eleccións parlamentarias de 2015, o 1 de marzo de 2015, o SDE obtivo o 15,2 % dos votos e 15 escanos no Riigikogu. Tras a formación da coalición co Partido Reformista, Pro Patria e Res Publica Union (IRL), o deputado Jevgeni Ossinovski anunciou que desafiaría a Sven Mikser no congreso do partido o 30 de maio de 2015. Non obstante, Mikser dimitiu antes das eleccións no congreso e Ossinovski foi elixido como novo líder do partido. O 7 de novembro de 2016, o Partido Socialdemócrata e o IRL anunciaron que lle pedían a dimisión ao primeiro ministro Taavi Rõivas e que planeaban negociar un novo goberno de maioría. Na seguinte votación de confianza, o 9 de novembro, a maioría do Riigikogu votou a favor da destitución do goberno do primeiro ministro.
O 23 de novembro de 2016, tomou posesión un goberno de coalición liderado polo líder do Partido de Centro Estoniano (EK), Jüri Ratas, composto por EK, SDE e IRL. Este gabinete gobernou ata o 29 de abril de 2019, cando foi substituído por mor dunha moción de censura cando o SDE e IRL apoiaron os partidos da oposición.
Nas eleccións parlamentarias de 2019 celebradas o 3 de marzo de 2019, o SDE recibiu o 9,8 % dos votos e 10 escanos. Nas eleccións europeas de 2019, o 26 de maio de 2019, o partido obtivo o 23,3 % dos votos nacionais e dous escanos no Parlamento Europeo. O SDE volveu ao goberno o 18 de xullo de 2022 apoiando o segundo goberno de Kallas, liderado pola líder do Partido Reformista, Kaja Kallas, e que tamén incluía o partido Isamaa.
Nas eleccións parlamentarias de 2023, o SDE recibiu o 9,3 % dos votos e nove escanos. Tras as eleccións do 7 de marzo, a primeira ministra Kallas convidou ao SDE e a Estonia 200 a conversas preliminares destinadas a formar un novo goberno de coalición. O 7 de abril chegouse a un acordo de coalición entre os tres partidos, que lle outorgaba ao SDE tres postos ministeriais, e asinouse oficialmente o 10 de abril. O 17 de abril, o terceiro goberno de Kallas tomou posesión do cargo. miniatura|Lauri Läänemets, actual dirixente do SDE. Un ano despois das eleccións parlamentarias estonianas de 2023, os socialdemócratas seguiron sendo o único partido da coalición gobernamental que evitou perder apoio nas enquisas. Isto atribuíuse ás declaracións públicas dos membros do partido, especialmente ás do líder do partido, Lauri Läänemets, que diferenciaron aos socialdemócratas dos dous partidos economicamente liberais da coalición. Ademais, o partido gañou deputados e membros das desercións do Partido do Centro, incluíndo un aumento do seu número de deputados de nove a trece.
2026 Actualmente, dende 2022, o SDE está dirixido por Lauri Läänemets e forma parte do Partido dos Socialistas Europeos e da Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas.
Presidentes
Marju Lauristin (1990–1995) Eiki Nestor (1995–1996) Andres Tarand (1996–2001) Toomas Hendrik Ilves (2001–2002) Ivari Padar (2002–2009) Jüri Pihl (2009–2010) Sven Mikser (2010–2015) Jevgeni Ossinovski (2015–2019) Indrek Saar (2019–2022) Lauri Läänemets (2022–no cargo) Resultados electorais
Eleccións lexislativas miniatura|Toomas Hendrik Ilves, presidente da República de Estonia (2006-2016).|283x283px DataPosiciónVotos%+/-Deputados+/-Goberno19924º44.5779,7%Coalición (1992-1995)19955º32.3816,0% 3,7 6Oposición (1995-1999) 19994º73.63015,2% 9,2 11Coalición(1999-2002)Oposición(2002-2003)20036º34.8377,0% 8,2 11Oposición(2003-2007)20074º58.36310,6% 3,6 4Coalición(2007-2009)Oposición(2009-2011)20114º98.30717,1% 6,5 9Oposición (2011-2014)Coalición (2014-2015)20153º87.18915,8% 1,9 4Coalición (2015-2019)20195º55.3499,8% 5,4 5Oposición (2019-2022) Coalición (2022-2023)20235º56.5849,3% 0,6 1Coalición
Eleccións europeas DataPosiciónVotos%+/-Deputados+/-20041º85.43336,8%20095º34.5088,7% 28,1 220144º44.55013,6% 4,920192º77.38423,3% 9,7 1
Períodos no goberno O partido estivo no goberno nos seguintes períodos: 1992–1994 (primeiro goberno de Mart Laar), 1994–1995 (goberno de Andrés Tarand, a miúdo chamado "goberno da Paz de Nadal" [jõulurahu valitsus]), 1999–2002 (segundo goberno de Mart Laar, a miúdo chamado "Tripla Alianza" [kolmikliit]) e 2007–2009, algúns dos cales incluíron a participación en tres gobernos de centro-dereita coa Unión da Patria e o Partido Reformista. O partido volveu ao goberno no segundo gabinete de Kaja Kallas o 18 de xullo de 2022 nunha coalición co Reformista e Isamaa. O partido foi retirado do gabinete de Kristen Michal o 10 de marzo de 2025.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Partido Socialdemócrata dos Traballadores de Estonia
Categoría:Partidos políticos de Estonia