Green Mind é un álbum de Dinosaur Jr. editado o 19 de febreiro de 1991. Foi o primeiro traballo da banda sen o baixista Lou Barlow, así como a súa primeira edición por un selo grande. O álbum case se trata dun traballo en solitario de Mascis, co batería Murph interpretando só tres temas.Kay, Graeme (abril de 1991). "Dinosaur Jr.: Green Mind". Q. No. 55. p. 68

A fotografía da portada que representa unha nena fumando un cigarro, Priscilla, Jones Beach, 1969, é de Joseph Szabo e está tomada do seu libro de fotografías Almost Grown.

O seu tema "Turnip Farm" aparece no filme de 1994 Reality Bites.

Lista de cancións Todos os temas escritos por J Mascis, agás onde se indique.

Notas

Categoría:Álbums de Dinosaur Jr. Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Álbums de Sire Records Categoría:Álbums de Blanco y Negro Records